jueves, 14 de agosto de 2014

Presentación de: "Coñece Esgos. Descubre a historia"


A Deputación de Ourense o Concello de Esgos e Teófilo Comunicación presentan o xoves día 21, nun acto que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Centro Cultural Parada Justel de Esgos (Ourense), un libro que ten coma protagonista ao Concello de Esgos.
A presentación da publicación contará coa presenza do alcalde do Concello, Mario Rodríguez González, do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar e do editor, José Luis Teófilo Piñeiro. O libro leva por título “Coñece Esgos, Descubre a historia”, amósanos a beleza e a fermosura dun concello que se descobre desbordante de recunchos e encantos secretos. Unhas imaxes que teñen voz propia e tantas interpretacións como poida inspirar a imaxinación de todos os que gozan cada día das innumerables paisaxes de Galicia.
En cada unha destas instantáneas sentimos a pegada da nosa orixe, da nosa tradición, da nosa cultura. Un Esgos forxado con pedra, madeira e ferro. Unha vez máis o fotógrafo Alberte Peiteavel a través do seo obxectivo amósanos a fermosura da nosa terra, nesta ocasión, do Concello de Esgos que sobrecolle pola súa beleza e historia.
A presentación contará coa interpretación musical de Rosa Leiro e Juan Carlos Cambas.

No hay comentarios: