jueves, 3 de julio de 2008

Cursos de firma electrónica e DNIe


A mancomunidade de concellos da comarca de Ourense, a través da sua páxina web http://www.mancourense.es/ ofrece acceso directo ás web dos concellos que forman esta mancomunidade, un listado de todos os servizos que se poden realizar coa administración a través de internet, e acceso a unha plataforma de formación.
A través desta plataforma de formación, 25 veciños de Esgos están a realizar dende a semana pasada un curso online de firma electrónica, en horario de 20:30 a 22:00 de luns a venres. Neste curso aprenderán que é e para que sirve unha firma electrónica, cómo conseguila e cómo utilizala, os servicios dispoñibles a través de internet, e cómo usar o DNIe.

Ó rematar este curso, faremos un máis breve de comercio electrónico.

1 comentario:

María. Telecentro de Esgos dijo...

No portal de telecentros publicaron unha nova sobre estes cursos que se impartiron en Esgos.

Por si queredes ler o que din, o enlace � este: http://www.telecentros.es/servicios/noticias/?contenidonoticia=2008/08/actividades-en-esgos.html