lunes, 21 de julio de 2008

O ADSL cada vez máis cerca

Como xa vos adiantei nunha das novas publicadas neste blog, están a instalar a fibra óptica para que poidamos contratar por fin o ADSL.

Os operarios cos que falei contaronme que de momento só van chegar ata Esgos e que para finais do verán estará a obra rematada e que xa poderemos contratar os servizos. ¡ Por fin !
Así que si todo vai ven, para o outono xa poderemos ter unha conexión a internet como deus manda.
Xa sei que esta nova é un pouco difícil de crer, así que fixen fotos dos rollos no Pinto, para os máis incrédulos. Pero bueno, de todos modos, os que transitades pola carretera OU-536 seguro que xa os vistes.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

podesme dicir que tipo de ADSL é? poque se é o rural creo k sae bastante caro non? e chega a vilar?
graciass

María. Telecentro de Esgos dijo...

Toda a información que teño é esa, e ven de boca dos operarios.
A semana pasada chamei a telefónica pero non me deron máis datos. Dentro dunhos dias volverei chamar para ver si me contan algo máis.
Sinto non poder axudarte.

Anónimo dijo...

E unha vergonza o da adsl,
lévannos tomando o pelo
dende o mes de xullo
e eu aínda non podo contratar
a adsl. E o máis seguro e que cando
se poda contratar vai ir a un ou dous megas, e vai quedar colgada a miudo.

Anónimo dijo...

Perdoa que te corrixa, pero non nos levan tomando o pelo dende o mes de xullo (non mates o mensaxeiro...), senon que xa fai moito máis tempo que levamos agardando polo adsl.

María. Telecentro de Esgos dijo...

As obras siguen o seu curso, ainda que van un pouco retrasadas. Fai unhos dias chamei a Telefónica e quedaron en avisarme tan pronto como se poida contratar.

Por informacións que conseguimos por outro lado, cremos que ata finais de ano non vai ser nada.

O da velocidade xa é outra cousa, pero imaxino que non será unha velocidade de vértigo... Pero bueno, mellor co que temos seguro que é.

Anónimo dijo...

Concellos como o de Paderne de Allariz xa poden contratar adsl, e nós que temos mellor comunicacións ca eles aínda non dispoñemos dela.
Eu non me explico este dato, que alguén mo explique.
Na páxina web de Esgos con data: 14/07/2008 ponse isto: TRALAS XESTIÓNS REALIZADAS POLO CONCELLO DE ESGOS ALGUNHOS NUCLEOS DO NOSO MUNICIPIO DISPORÁN EN BREVE DA LIÑÁ DE ALTA VELOCIDADE (ADSL) DE INTERNET.NO MES DE AGOSTO PODERÁ CONTRATARSE ESTE SERVICO. O CONCELLO CONTINUARÁ RECLAMANDO NA XUNTA E TELEFÓNICA PARA QUE ESTE SISTEMA CHEGUÉ A TÓDOLOS POBOS DO CONCELLO.
Se isto non é tomar pelo!!!

Anónimo dijo...

"anonimo" ya estamos comparando... que pena... nosotros a lo mejor tenemos algo que ellos no tienen.

Es cierto que telefonica informó que despues del verano se podria contratar adsl porque yo tambien llamé para informarme. Y si no terminaron las obras que le vamos a hacer? El fontanero quedó en venir a cambiarme el viernes pasado un grifo que pierde y no apareció, y no le echo la culpa al chico que me cogió el recado.

"maria" espero que te sirva de escarmiento y para la próxima vez no hagas caso de lo que te dicen y esperes a que todo funcione antes de anunciarlo.

Anónimo dijo...

Eu non sei que ten a culpa, que nadie quere te-la.
A ver se a culpa vai ser dos veciños que aínda non podemos contratar a adsl.
A adsl non é o único problema que ten Esgos.
Se eu me puxera a enumeralos...

Anónimo dijo...

pois deixate de enumerar e arrima o hombreiro. ó mellor podes facer algo ti para que as cousas melloren.
¿non terás un amigo en Telefonica que apure un pouquiño o tema? jiji Porque che recordo que o concello, os veciños... a telefónica non lle importamos nada, eles o que queren son os cartos que lle imos pagar polo servizo.

Anónimo dijo...

pois iso a arribar o hombro e a colaborar todos

CAMILO dijo...

DENDE O CONCELLO DE ESGOS PODEMOS INFORMAR QUE NO MES DE XULLO FALAMOS CON TELEFÓNICA E NOS INFORMARON DE QUE ADSL ESTARÍA LISTO EN AGOSTO. A VERDADE E QUE NON FOI ASÍ E NÓS, CONFIADOS, INFORMAMOS NA WEB DO CONCELLO DE ALGO QUE NON FOI CERTO. PEDIMOS DISCULPAS PERO NON TEMOS NINGUNHA RESPOSABILIDADE.
RECENTEMENTE,A PRIMEIROS DO MES DE OUTUBRO, FALAMOS DE NOVO CUN ALTO CARGO DE TELEFÓNICA E ASEGUROU QUE SE PODERÍA CONTRATAR EN DECEMBRO. DE TÓDOLOS XEITOS NON PODEMOS ASEGURAR NADA.
O QUE SI PODEMOS DECIR É QUE DENDE FAI 5 ANOS LEVAVOS REMITINDO ESCRITOS A TELEFÓNICA, RECOLLENDO FIRMAS E REMITINDO AS MESMAS E ATA AGORA NUNCA CONSEGUIRAMOS NADA.
SEGURO QUE NO CONCELLO HAI MOITAS CARENCIAS QUE TRATAMOS DE MELLORAR CADA DÍA PERO TAMÉN TEMOS QUE CONTAR CA COLABORACIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS E DOS VECIÑOS. ESTAMOS ABERTOS A RECIBIR PROPOSTAS E RECOMENDACIÓNS NA NOSA WEB, PERSOALMENTE FALANDO CON NÓS E ASISTINDO ÓS PLENOS MUNICIPAIS QUE SON PÚBLICOS.
ASDO. CAMILO J. RODRÍGUEZ (CONCELLEIRO DE ESGOS)

Anónimo dijo...

Pódeseme informar de como vai o tema da adsl, e k xa fai case un ano k se podia contratar e de momento non se pode.
Grazas.

María. Telecentro de Esgos dijo...

Gustaríame poder ter máis información pero despois de falar en varias (moitas) ocasións con responsables de Telefónica, o único que nos din é (palabras textuais):
"Nun prazo inminente o ADSL xa se poderá contratar"

Dende agosto do ano pasado xa nos deron varias fechas: setembro, decembro, xaneiro, marzo e agora, a última noticia é que "en breve" se poderá contratar o ADSL.

Como poderás comprobar, despois de tantos cambios de fecha e tantas "mentiras" xa non nos atrevemos a decir nada.

So queda agardar que esa "inminencia" chegue "en breve".