Co fin de aproveitar ó máximo as instalacións municipais este verán vanse realizar dende o concello varias actividades nas piscinas.
Ademais dos cursos de natación que se están realizando polas mañás, a partir de hoxe comezan dúas novas actividades, para que a tarde na piscina se faga máis amena: talleres para nenos e clases de aerobic.
- Todos os luns e mércores entre as 19.00 e as 20.00 horas haberá diferentes actividades para os nenos.
- Tamén os luns e mércores, de 20.00 a 21.00 horas haberá clases de aerobic nas piscinas.
Ó igual que os cursos de natación, estas dúas actividades son gratuitas para todos os veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario