martes, 28 de julio de 2020

O nubinete contra o cambio climático

O luns 3 de agosto ás 11:30h na Praza da Souteira, frente á biblioteca de Esgos os nenos e nenas poderán asistir ao contacontos "O nubinete contra o cambio climático" do programa de animación á lectura Ler Conta Moito.


Debido á situación xerada pola Covid-19 será necesario para asistir inscribirse previamente na biblioteca, asistir con máscara e sentarse nos lugares indicados para manter a distancia de seguridade.


viernes, 3 de julio de 2020

Horario de verán

O luns 6 de xuño voltamos ao horario de verán na biblioteca, 
de 11:00 a 14:00 horas de luns a venres, para préstamo e devolución de libros.




viernes, 26 de junio de 2020

Apertura das piscinas municipais


O venres 3 de xullo abrirán ao público as piscinas municipais, este ano en horario de 14:00 a 21:00 horas.

Dada a nova situación sanitaria provocada pola COVID-19 e a reducción obrigatoria do aforo terán preferencia no acceso á piscina pola seguinte orde:

1º Os veciños empadroados con BONO
2º Os residentes (2ª residencia) con BONO

Os interesados nos BONOS deberán facer a súa reserva ata o 2 de xullo e a partir desta data non se farán máis bonos, salvo dispoñibilidade de aforo.
A reserva do BONO farase do seguinte xeito:

  • Presencialmente nas oficinas do Concello ou na biblioteca
  • Na sede electrónica: http://concelloesgos.sedelectronica.gal
  • No email info@concelloesgos.com


Os prezos dos BONOS son os seguintes:

- Menores de 10 anos: gratis, pero deberán reservar igualmente o bono.
- De 11 a 17 anos: 10 € empadroados e 20 € residentes
- De 18 a 65 anos: 15 € empadroados e 30 € residentes
- Maiores de 65 anos: gratis para os empadroados pero teñen que reservar igualmente o bono e 30 € para os residentes
Tamén se contempla un desconto do 20% sobre os prezos anteriores para familias (ver condicións)

** Venda de entradas para o resto de usuarios según dispoñibilidade de aforo.

lunes, 22 de junio de 2020

Novos carnés da biblioteca


Hoxe comezamos a entregar os novos carnés da biblioteca. Recordade que este carné permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas galegas integradas.

A partir de hoxe será obrigatorio presentar o carné para o préstamo de libros.

miércoles, 17 de junio de 2020

Campamento de verán 2020


O campamento de verán Esgos 2020 pretende ser unha oferta lúdico/educativa que o Concello de Esgos lles ofrece ás familias para conciliar a vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán e, ao mesmo tempo, contribuír á formación socioeducativa da rapazada

➡️ DESTINATARIOS/AS: O programa está dirixido a nenas e nenos de 3 a 14 anos.  No referente aos rapaces e rapazas de 3 anos, non poderán participar os que aínda non cursaran 4º de educación infantil.
➡️  NÚMERO DE PRAZAS: Ofértanse 20 prazas por quenda. No caso de non ter un mínimo de 15 inscritos, non se poderá realizar a actividade.
En relación ao Covid-19, seguirase a normativa e protocolos que estableza a Xunta de Galicia en cada momento, podendo quedar en suspensión se as autoridades sanitarias así o consideran.
➡️ CRITERIOS DE SELECCIÓN: Para outorgar as prazas teranse en conta os seguintes criterios na orde que segue a continuación:
1. Preferentemente ingresos inferiores ao 6,5 veces o IPREM
2. Familias empadroadas no concello de Esgos
3. Familia monoparental
4. Que ambos proxenitores traballen actualmente
5. Familias numerosas.
No caso de que as solicitudes superen as prazas ofertadas a selección dos/das aspirantes realizarase en función do cumprimento dos anteriores requisitos. No caso de producirse un empate realizarase un sorteo entre as/os aspirantes que se atopen na mesma situación.
➡️ HORARIOS E QUENDAS: Este campamento levarase a cabo de luns a venres, durante os meses de xullo e agosto, agás os festivos. Faltan por definir as datas de comezo e fin, xa que se intentarán adaptar na medida do posible á demanda dos solicitantes.
O horario será de 10:30 a 13:30 horas.
➡️ PREZO: Os prezos serán os seguintes:
• 10 €/quincena para os empadronados
• 20€/quincena para os residentes non empadronados
As familias con 3 ou máis fillos beneficiaranse dun desconto do 25 %, sobre a cota que lle corresponda con independencia do número de fillos/as matriculados no campamento.
➡️ NORMAS DE FUNCIONAMENTO: Deberán comunicar á persoa encargada da actividade os cambios que se produzan en relación cos datos que figuren na súa folla de inscrición.
Prégase puntualidade na entrega e recollida dos nenos. Máis de catro faltas de asistencia sen xustificar ao campamento, poderá ocasionar a baixa na actividade, e entrará o/a neno/a que corresponda segundo a orde establecida na lista de espera.
Debido á situación sanitaria que estamos a sufrir provocada pola pandemia do Covid-19, deberán tomar a temperatura aos seus fillos/as a diario. De ter algún síntoma prégase que o comuniquen o antes posible para tomar as medidas oportunas e non deberían levar aos fillos/as ao campamento.
Seguiranse os protocolos de seguridade e saúde recomendados polo Servizo de Prevención do Concello de Esgos, no marco das recomendacións publicadas polas autoridades sanitarias.
➡️ OBSERVACIÓNS:
1. Recoméndase vestimenta e calzado cómodo.
2. Cómpre que as/os participantes boten crema solar antes de saír da casa e que traian unha pequena merenda para a media mañá, unha gorra e unha botella de auga.
3. No caso de que se realice unha actividade acuática deberán traer unha bolsa con traxe de baño, toalla e chancletas.
➡️ PRAZO: o prazo de solicitude de praza abrangue dende o 18 ata o 23 de xuño (ambos incluídos). O formulario de inscrición poden solicitalo nas oficinas municipais ou preferiblemente a través do correo electrónico  biblioesgos@gmail.com ou info@concelloesgos.com
A partir do 25 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

lunes, 15 de junio de 2020

A biblioteca na "nova normalidade"

Ata novo aviso a biblioteca estará aberta ao público só para préstamo e devolución de exemplares e para tarefas administrativas (renovación do carné, alta de usuarios, etc)




Horario:
De luns a venres de 17:30 a 19:30 horas, con cita previa.

Para calquera consulta poden dirixirse a biblioesgos@gmail.com

lunes, 8 de junio de 2020

A biblioteca de Esgos na Rede de Bibliotecas de Galicia

A Xunta de Galicia ven de implementar un novo sistema de xestión bibliotecaria na nosa biblioteca polo que dende o pasado 3 de xuño, a Biblioteca Municipal de Esgos está integrada no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Este novo sistema permite a integración das diferentes bibliotecas municipais de Galicia nunha contorna unificada, o que supón moitas ventaxas tanto para os técnicos como para os usuarios:


  • Os usuarios terán un carné único da Rede que permite o acceso aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas: consultas, reservas, renovacións… Así como o acceso á plataforma de préstamo de libro electrónico,  GaliciaLe
  • Acceso ao catálogo colectivo da rede accesible desde a web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ 


NOVO CARNÉ DA REDE DE BIBLIOTECAS


O paso ao carné da Rede irase facendo de forma progresiva segundo os usuarios vaian utilizando os servizos da Biblioteca Municipal, ainda que tamén poden solicitalo a través do correo electrónico biblioesgos@gmail.com

O carné unico permite:

- Acceder a toda a rede de Bibliotecas Públicas de Galicia
- Consultar o catálogo único para saber en que biblioteca dispoñen do libro que necesitas, as 24 horas do día nos 365 días do ano.
- Renovar os teus préstamos vía online, sen ter que acudir fisicamente á biblioteca.
- Facer reservas de exemplares
- Acceder a  GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libro electrónico das bibliotecas públicas galegas.

Se xa tes un carné da Rede de Bibliotecas non é necesario facer nada máis.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Le en galego na semana das Letras Galegas

Este ano, polas circunstancias que nos tocaron, non podemos celebrar con actividades o Dia das Letras Galegas (2020) adicado a Ricardo Carvalho Calero, pero propoñésmosvos que sigades lendo en galego.

No catálogo en galego de GaliciaLe tedes moreas de libros de moi diferentes categorías https://catalogo.galiciale.gal/

No portal "Primavera das letras" da Real Academia Galega atoparedes para os máis pequenos descargables, material para colorear, recursos interactivos...
https://primaveradasletras.gal/

martes, 12 de mayo de 2020

Apertura da biblioteca para préstamo e devolución

Queridos usuarios:

ata novo aviso a biblioteca municipal segue pechada ó público.
Dende este luns 11 de maio está permido o préstamo e devolución de libros, así que tomamos unha serie de medidas:

  • PRÉSTAMOS:

Ata novo aviso, abriremos só con cita previa para préstamo de libros e impresión de tarefas escolares. 


Si necesitas un libro ou imprimir envía un correo a biblioesgos@gmail.com e concertaremos día e hora.


  • DEVOLUCIÓNS:

Non vos preocupedes por devolver os libros que teñades na casa, os préstamos ampliáronse ata o 11 de xuño.


O catálogo online está dispoñible en: 
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021

jueves, 30 de abril de 2020

Actualización de datos dos usuarios

IMPORTANTE para os usuarios da biblioteca!

Estámonos preparando para cambiar o sistema de xestión da biblioteca e para iso necesitamos comprobar e actualizar os datos de TODOS os usuarios.
Estes datos usaránse para emitir os novos carnés da biblioteca cos que poderedes retirar libros en calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Pregamos a todos os usuarios da biblio de Esgos, que o antes posible nos enviedes un correo a biblioesgos@gmail.com indicando:

  • Nome completo
  • DNI (salvo que sea menor de 14 anos e non teña DNI)
  • Data de nacemento
  • Enderezo
  • Correo electrónico (si o ten)
Se non recibimos estes datos, procederase á baixa do usuario no sistema.

Gracias!