- Xogamos ás sillas, co paracaídas, ao brilé, salto á comba...
- Cantamos no karaoke,
- Celebramos cumpreanos
- Visitamos o autobús da doazón de sangue
- Facemos macetas con pasta de modelar
- Cociñamos madalenas
- Aprendemos primeiros auxilios coa Cruz Vermella
- Celebramos o dia dos avós na residencia de maiores
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
viernes, 27 de julio de 2018
Segunda quenda do campamento urbano
A segunda quenda do campamento de verán deu para moito, entre outras cousas:
jueves, 26 de julio de 2018
Concerto - Romería: LUAR NA LUBRE
Domingo 19 de agosto na finca da rectoral de Esgos.
Dende as 12 da mañá: ruada, xogos tradicionais para nenos, feira de artesanía, exposición de olería e postos de comida.
Ás 20:30 horas concerto especial de Luar na Lubre con convidados.
sábado, 14 de julio de 2018
Primeira quenda do campamento de verán
Rematamos a primeira quenda do campamento de verán "NaturEsgos". Durante estas duas semanas realizamos actividades moi diversas:
- Xogos (paracaídas, brilé, pañuelo...)
- Manualidades: pancarta da natureza, as iniciais do noso nome, prismáticos con rollos de papel, xeados con globos, pintura de follas, etc
- Andaina polo camiño real e outra ata o pobo de Regueiro
- Piscina
- Lectura
miércoles, 11 de julio de 2018
Doazón de sangue
O Centro de Transfusión de Galicia desprazará unha unidade móbil ata Esgos para que os que así o desexen poidan doar sangue.
Data: Xoves, 27 de xullo
Horario: De 10:30 a 12:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos
Data: Xoves, 27 de xullo
Horario: De 10:30 a 12:00 horas
Lugar: Ao carón do centro de saúde de Esgos
miércoles, 4 de julio de 2018
Compostaxe doméstico
1ª CAMPAÑA PROVINCIAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO da DEPUTACIÓN DE OURENSE
¿Queres aproveitar os residuos orgánicos para facer compos? Se vives no Concello de Esgos e non participaches en campañas anteriores, podes participar nesta e recibirás un composteiro e un manual de compostaxe doméstica.
Os interesados só terán que cubrir un pequeno formulario que atoparán nas dependencias municipais.
martes, 19 de junio de 2018
Lanzamos foguetes
Onte coñecemos os descubrimentos de Isaac Newton e as obras de Jules Verne e aprendemos sobre as naves espaciais, a gravitación, a inercia... da man de Ciencia en Ruta no "obradoiro de foguetes" dentro do programa de animación á lectura Ler conta moito.
Tamén construimos foguetes e os lanzamos na praza da Souteira
Tamén construimos foguetes e os lanzamos na praza da Souteira
martes, 12 de junio de 2018
Campamento de verán
DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.
MODALIDADES
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.
HORARIO:
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS:
- Quincena do 2 ao 13 de xullo
- Quincena do 16 ao 27 de xullo
- Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Quincena do 13 ao 24 de agosto
Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.
PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos
PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos: 10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Contémplase un desconto do 20% para familias numerosas.
PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 29 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados
viernes, 8 de junio de 2018
Obradoiro de foguetes
¿Queres saber como funcionan os foguetes? ¿Queres coñecer a Jules Verne? ¿Queres construir un auténtico foguete?
Pois si tes entre 6 e 12 anos agardámoste o luns 18 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca para participar nun Obradoiro de foguetes.
Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.
miércoles, 6 de junio de 2018
Dias de traballo de campo
A biblioteca estará pechada dende hoxe mércores ata o venres, ambos incluídos, polos preparativos da andaina.
O luns volveremos abrir no horario habitual.
Desculpen as molestias.
O luns volveremos abrir no horario habitual.
Desculpen as molestias.
miércoles, 16 de mayo de 2018
Actividades das Letras Galegas
Esta semana adicámola as Letras Galegas con varias actividades:
O luns prantamos unha árbore na praza do Afiador e ainda que asistíu pouca xente, a árbore quedou ben prantada e desfrutamos dunha merenda.
O martes na biblioteca fixemos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego de María Victoria Moreno.
O luns prantamos unha árbore na praza do Afiador e ainda que asistíu pouca xente, a árbore quedou ben prantada e desfrutamos dunha merenda.
O martes na biblioteca fixemos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego de María Victoria Moreno.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





























