jueves, 22 de noviembre de 2012

Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero

O domingo 25 de novembro é o "Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero", baixo o lema "Non ignores os sinais. Elixe vivir"



Pódese ver o vídeo da campaña eiquí.

martes, 20 de noviembre de 2012

Curso de xardinería

Estase a impartir en Esgos o curso para desempregados, "actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería" de 348 horas, que rematará en decembro e no que participan 15 alumnos.


Ademais de clases teóricas, tamén realizan prácticas como: poda de árbores, mantemento dos xardíns, construcción e mantemento dun invernadeiro, etc.


Pódense ver algunhas fotos na galeria fotográfica da web do concello.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Fotos e vídeos do magosto 2012

As fotos do magosto 2012 están dispoñibles na galería fotográfica e no facebook do concello. 


Ademais, este ano contamos coa visita das cámaras dos informativos de telecinco que fixeron unha conexión en directo co noso magosto. Pódese ver nos últimos 2 minutos do vídeo dos informativos das 15 horas

Tamén se pode ver a grabación que fixeron pola mañá no vídeo dos informativos das 21 horas (últimos 3 minutos).

viernes, 9 de noviembre de 2012

Concurso fotográfico Ribeira Sacra

El Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre hoy el concurso de fotografía "E TI QUÉ VES EN OUTONO?" 

A partir del eslogan 2012 "e ti que ves?", se ha diseñado el concurso para instantáneas que versen sobre el paisaje otoñal de la Ribeira Sacra. 

En la página de facebook del Consorcio podrán encontrar la herramienta para participar: https://www.facebook.com/ribeirasacraCT/app_79458893817 

Habrá dos premios: 
  • 1º PREMIO (jurado): Diploma y estancia para dos personas en media pensión en establecimiento de turismo rural de Ribeira Sacra 
  • 2º PREMIO (comunidad facebook): Diploma y set de merchandisin oficial Ribeira Sacra 


El plazo de participación finalizará el próximo 12 de diciembre a las 12:00 horas.

viernes, 19 de octubre de 2012

MiAVIZOR: Teleprevención sociosanitaria

MiAVIZOR es un servicio integral para personas que viven solas, preventivo, seguro y eficaz. 

MiAVIZOR es un sistema inteligente compuesto por unos sensores inalámbricos instalados en el hogar, que analiza de forma autónoma y automática la rutina de la vida diaria de una persona, llegando a establecer perfiles y hábitos de vida que pasa a ser la clave del seguimiento y monitorización de la persona mayor en el hogar. 
La base de comunicaciones procesa, analiza y comprueba dicha rutina, de modo que si detecta algún problema genera de forma automática una alerta o alarma, según el caso.

Se puede consultar toda la información en: http://miavizor.es/documents/miavizor.pdf

miércoles, 17 de octubre de 2012

Rallye Ribeira Sacra 2012

O 27 e 28 de outubro disputarase o I Rallye Ribeira Sacra valedeiro para o Campionato Galego de Rallyes e un dos seus tramos discurre polo noso concello:

O treito "Covas-Esgos" de 11,1 km terá lugar ás 15:58 horas e unha segunda etapa ás 18:59 horas.

Toda a información pode consultarse en http://www.escuderialuintra.es/

martes, 16 de octubre de 2012

Magosto 2012

O domingo 11 de novembro celebrarase o magosto do concello na praza da Souteira, en Esgos a a partir das 13.00 horas. 

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica, contará coa actuación dun grupo musical.

As entradas poñeranse á venda nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 7 euros por persoa. 



  • Día: Domingo, 11 de novembro
  • Hora: 13.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

martes, 9 de octubre de 2012

Deporte para maiores: cachibol

Os maiores de 55 anos do concello poderán practicar deporte asistindo a clase de cachibol e ioga de risa.
  • Lugar: Local social de O Pinto 
  • Data e hora: os martes de 16:15 a 17:45 horas. 
O cachibol é un deporte no que se favorece a mobilidade articular de todo o corpo, a coordinación corporal, a axilidade, etc. O ioga de risa é un exercicio no que se combina a risa coa respiración yóguica.

Máis información sobre este deporte en http://www.xogaventura.com/cachibol/ e máis información sobre esta actividade no concello ou na biblioteca.

viernes, 5 de octubre de 2012

Clases de gaita e pandeireta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición.

As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

jueves, 4 de octubre de 2012

Clases de informática para nenos

Este mes comezamos un taller de iniciación á informática para nenos que se impartirá os martes e xoves de 19:15 a 20:00 horas na biblioteca municipal.

Co fin de evitar desprazamentos, unha vez que os nenos asisten ás clases de reforzo que está a impartir o concello, aproveitamos a ocasión e tamén participan no taller de informática.