martes, 31 de marzo de 2009

O telecentro volve abrir polas tardes

A partir de mañá mércores, 1 de abril, o telecentro volverá estar aberto polas tardes de luns a venres.
En canto non se programen cursos de informática, o horario será de 17.30 horas a 21.00 horas.

Esperámosvos a todos !!!

jueves, 26 de marzo de 2009

Punto de información do servicio galego de colocación

Dende hoxe os veciños de Esgos e incluso os de outros concellos xa poden renovar a demanda de emprego sen ter que desprazarse a Ourense, gracias ó punto de información do servicio galego de colocación que se instalou no concello.

Para poder facer este trámite é necesario dixitalizar a pegada no concello.

O Punto de información está situado no primeiro andar do concello, ó lado das oficinas municipais, onde poderán atopar máis información.

lunes, 16 de marzo de 2009

Tiro ó plato

O ano pasado a asociación de cazadores "Os tarreirigos" organizara un dia de tiro ó plato. Debido ó éxito de participación que tivera esta xornada, o concello tomou nota e organizou para onte domingo, unha xornada de tiro ó plato no campo de tiro de Rocas.
Na seguinte foto pódese ver a un grupo de participantes:

Na xornada, que comezou ás 11 da mañá e se prolongou ata as 19.30 horas, realizáronse 14 tiradas.
Todos os que así o quixeron puideron disfrutar tamén dunha comida campestre no mesmo campo de tiro.


Pola tarde xuntouse no campo gran cantidade de público.

domingo, 15 de marzo de 2009

Taller de 060.es

O pasado xoves pola tarde un monitor de red.es impartiu no telecentro un taller sobre a web www.060.es ó que asistiron unha dúcia de veciños.


miércoles, 11 de marzo de 2009

EDUCAMOBIL

O vehículo EDUCAMOBIL estará este mes en Esgos para que os nenos de entre 4 e 11 anos podan disfrutar dun intre de xogos informáticos e de lecer.
  • Lugar: Local social de Vilar
  • Dia: Venres 27 de marzo
  • Hora: De 16.30 a 20.00 horas
Este servizo é gratuito. Máis información nos servizos sociais do concello.

lunes, 9 de marzo de 2009

Cea do "Dia da muller traballadora"

O sábado pasado a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" quixo celebrar o dia da muller traballadora cunha cea no restaurante "Os Caracoles", a que asistiron 40 mulleres.




sábado, 28 de febrero de 2009

Tiro ó plato


Tiro ó plato en Esgos
  • Dia: Domingo 15 de marzo
  • Hora: De 11.00 a 19.00 horas
  • Lugar: Campo de tiro de Vilar (ó lado do campo de futbol do C.D. Rocas)
  • Tirada: 15 € (Cartuchos e comida incluidos)

viernes, 27 de febrero de 2009

Xuntanza de mulleres do concello de Esgos

A Asociación de Mulleres Rurais "Os Picotiños" está a organizar para o vindeiro dia 7 de marzo unha Xuntanza de Mulleres do Concello de Esgos no restaurante "Los Caracoles", co fin de festexar o dia da Muller Traballadora.

As interesadas deben anotarse antes do 5 de marzo chamando ó teléfono do concello 988290000 (preguntar por Angeles), na perruqueria Lua Chea (Esgos) ou falando con Noemí.
  • Data: Sábado 7 de marzo
  • Hora: 10 da noite
  • Lugar: Restaurante "Los Caracoles" (A Derrasa)
  • Prezo: 20 € socias, 30 € non socias

jueves, 26 de febrero de 2009

Taller de 060.es

O vindeiro xoves dia 12 de marzo ás 19.30 horas un monitor de red.es impartirá no telecentro de Esgos unha charla informativa sobre as ventaxas da páxina web www.060.es

Este taller só se impartirá este dia, así que esperamos que vos resulte interesante e que vos animedes a participar.

A través de www.060.es pódense realizar xestións como:
  • Pedir cita para o médico
  • Solicitar un informe de vida laboral
  • Consultar os puntos do permiso de conducir
  • Consultar datos catastrais
  • Pedir cita para renovar o DNI
  • Solicitar carné de familia numerosa

lunes, 23 de febrero de 2009

Domingo de entroido

O domingo de entroido os felos recorreron os pobos do concello como xa ven sendo habitual.Ás 5 da tarde xuntáronse na praza da Souteira cos demais veciños disfrazados para participar no desfile e no concurso de disfraces.

Primeiro premio: "Os velliños leiteiros"

Segundo premio: "Os manteros"

Terceiro premio: "Os indios"