lunes, 20 de abril de 2020

Día do libro



O xoves 23 de abril celébrase o Dia Internacional do Libro e en "condicións normais" adicaríamos esta semana a realizar distintas actividades na biblioteca, pero este ano é diferente.

Non haberá contacontos nin manualidades nin lecturas na biblio, pero si queredes ler tedes á vosa disposición un amplio catálogo de libros dixitais en www.galiciale.es

Se eres usuario da biblioteca e ainda non tés as claves para acceder a GaliciaLe envía un correo a esgostelecentro@gmail.com co teu nome e DNI e en poucos días recibirás un correo co teu usuario e contrasinal.

Se non eres usuario de ningunha bibliteca GaliciaLe dache a oportunidade de darte de alta mentres dure o estado de alarma.

martes, 7 de abril de 2020

Cartas de apoio ós maiores


Queridos nenos e nenas,

como ben sabedes hai moitos avós vivindo na Residencia de Maiores de Esgos. Visitámolos no entroido, no campamento de verán, no samaín... e sempre se portan xenial con nós, tanto eles coma as súas coidadoras. 

Dende que comezou esta pandemia do coronavirus non poden recibir visitas así que imos enviarlle cartas para que vexan que nos acordamos deles.

Se queredes participar:

1. Escribe unha carta ou debuxo co teu nombre, idade, unha descrición personal e unha mensaxe de apoio e ánimo.
2. Sácalle unha foto
3. Envía a foto a esgostelecentro@gmail.com

Dende a biblioteca enviaremos todas as cartas á residencia para que as poidan ler, e cando todo isto remate levarémoslle as orixinais.


miércoles, 1 de abril de 2020

Dia do libro infantil


O 2 de abril celébrase o Dia Internacional do Libro Infantil e sempre vos animamos dende a biblioteca a participar nas actividades e concursos que organiza GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) para as bibliotecas.

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir e dado que a biblioteca está pechada e vós estades na casa, este ano variaron as bases de maneira que ademais participar a través as bibliotecas escolares e públicas ou as librarías, tamén se poida facer a través das familias.

Si queredes, podedes participar no concurso de GALIX: "Un poema na túa voz":

Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
Escollede un poema tradicional ou de autor.
Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).

Mandade un correo antes do 10 de abril a galix@galix.org que inclúa:
- No asunto o texto Concurso DILI «Un poema na túa voz».
- A gravación de audio
- Os datos do poema :
  • Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
  • Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
  • Editorial, se está publicado.
- Datos da(s) persoa(s) lectora(s):
  • Nome e apelidos:
  • Ano de nacemento:
  • Curso escolar:
- Datos da familia:
  • Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
  • Enderezo.
  • Teléfono.
  • Correo electrónico de contacto.

CATEGORÍAS E PREMIOS:

Establécese un premio para cada unha das seguintes categorías:
• Lectorado inicial (1o, 2o e 3o de primaria).
• Lectorado avanzado (4o, 5o e 6o de primaria).
• Superlectorado (1o e 2o de secundaria).

Premio: diploma e un lote de libros para as persoas premiadas e para a biblioteca que indique a persoa premiada.

Poden consultarse as bases en https://drive.google.com/file/d/1U-7-5tBVPzDdpvBGVJPKKTtUSfLqxw5W/view

viernes, 27 de marzo de 2020

Galiciale para todos durante o estado de alarma



O catálogo de préstamos electrónicos www.galiciale.es, que só estaba operativo para os usuarios das bibliotecas públicas galegas, ábrese agora a toda a poboación e de xeito gratuíto.

Esta nova medida enmárcase na campaña #aculturasegue que a Consellería de Cultura e Turismo ten en marcha a raíz da crise sanitaria co obxectivo de ofrecer unha programación de lecer e cultural a través de internet que chegue a todos os fogares

Rexístrate e coas claves que recibirás, accederás igualmente a eBiblio Galicia e ao Catálogo galego. Cando remate a corentena, disporás de 30 días para achegarte á biblioteca a solicitar o carné e seguir gozando das vantaxes de GaliciaLe.


viernes, 20 de marzo de 2020

Aclaracións sobre a impresión de tarefas escolares


Como xa sabedes, mentres duren as medidas para a contención do coronavirus e poidamos, dende a biblioteca municipal imprimiremos as tarefas escolares e membros de Protección Civil volas deixarán na casa, pero compre aclarar que:



Só imprimimos as tarefas dos usuarios da biblioteca deste Concello.

Para un millor funcionamento deste servizo, por favor:

1. Seguide mandando ao correo electrónico esgostelecentro@gmail.com unha vez por semana, ademais do nome do neno/a e o curso, as tarefas a imprimir, explicando claramente cales queredes.

2. Só repartiremos as tarefas unha vez por semana, sobre o mércores, así que tedes ata o martes pola mañá para enviar o correo.

3. Axudádenos, revisade as tarefas, xa que hai cousas que non é necesario imprimir e poden facelas os nenos directamente. Non se trata de imprimir por imprimir (xa sabedes que non nos gusta desperdiciar papel).

4. Coas tarefas tamén vos enviamos si queredes algún libro da biblioteca.

Moitas gracias pola vosa paciencia! Estudiade moito e #QuedaNaCasa


martes, 17 de marzo de 2020

Mensaxe para os máis pequenos


Escribimos esta mensaxe pensando en imprimila coas tarefas escolares, pero como sodes moitos aos que non vos enviamos as tarefas, poñémola aquí para TODOS os máis pequenos da casa:

Sodes os MILLORES!!!

Neste momento de confinamento queremos aplaudirvos porque estades nas vosas casas demostrando un comportamento responsable e exemplar.

O día é largo pero podedes facer un montón de cousas: tocar a frauta, bailar, ler, cociñar, xogar, ver a tele, cantar, debuxar, falar por teléfono cos amigos, etc.
E seguro que vos queda un ratiño para estudiar!

Pensade que cando todo isto remate teremos na biblio un montón de Kit-Kat acumulados de todas estas semanas, e para os intolerantes á lactosa tamén haberá algo. 

Recordádelle aos vosos pais e sobre todo aos vosos avós que "QUEDAR NA CASA" significa:
  •  Ir ao supermercado ou á farmacia o menos posible (1 vez por semana é suficiente e o pan tamén se pode conxelar).
  •     Acudir ao centro de saúde só si é imprescindible.
  •    Non saír de paseo, nin a xogar, nin a facer deporte.
  •    Sacar o can ao redor da túa casa, non por todo o pobo.
  •    Non visitar a amigos ou familiares ainda que vivan preto de nós. 


MOITO ÁNIMO E GRAZAS POR QUEDAR NA CASA!
Pasádeo moi ben!

lunes, 16 de marzo de 2020

Impresión de tarefas escolares (coronavirus)


Como xa vos informamos, mentres duren as medidas para a contención do coronavirus, dende a biblioteca municipal imprimiremos as tarefas escolares dos usuarios da biblioteca que residen neste Concello.

  • Alumnos do Ben-Cho-Shey:

Visto que o colexio Ben-Cho-Shey ao que asisten a maioría dos nenos e nenas do Concello, publica directamente na súa web as tarefas por cursos, basta con que mandedes o nome do neno e o curso ao correo electrónico esgostelecentro@gmail.com ou ao whatsapp como estades a facer xa algunhas nais.

Dado que moitos teñen irmáns e que os profesores non poñen as tarefas todas xuntas, cada poucos días entregaremos o lote impreso no voso buzón. Tratamos así de evitar os desprazamentos como manda o estado de alarma no que nos atopamos.

  • Alumnos doutros centros, iremos vendo como facemos en cada caso.

viernes, 13 de marzo de 2020

Peche temporal coronavirus

A Corporación Local adoptou en vista da actual evolución do COVID-19 (coronavirus), e seguindo as directrices da Xunta de Galicia, SUSPENDER DURANTE 15 DÍAS TODAS AS ACTIVIDADES que se leven a cabo nos centros municipias polo que a biblioteca permanecerá pechada ao público dende hoxe.

Ademáis da biblitoeca tamén estará pechado o Centro Cultural Parada Justel e polo tanto se cancelan as actividades lúdicas, deportivas, formativas...

Dende a biblioteca queremos facer un chamamento á responsabilidade de cada un, evitando na medida do posible os desprazamentos. Por eso poñemos en marcha os seguintes servizos:

1. Entrega de libros a domicilio:

Para manterse entretidos e saír da casa o menos posible. Consulta o catálogo online e fai a túa reserva.
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=OBM021
Envía un correo a esgostelecentro@gmail.com indicando o libro que solicitas xunto co teu nome e enderezo e nós deixarémolo no teu buzón.


2. Impresión das tarefas escolares que reciban os nenos e nenas por email dos seus profesores. 

Reenvía o correo coas tarefas que teñades para imprimir a esgostelecentro@gmail.com indicando o teu nome e enderezo.

miércoles, 4 de marzo de 2020

Lingua de namorar 2020

Dalle renda solta a túa imaxinación e participa no concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos😍

O prazo ata o 9 de marzo.

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

1° Bicicleta pregable NILOX X2 Plus Motor 250w
2° Tablet LENOVO ZA470057SE. 10,1”
3° Cámara deportiva SUNSTECH Adrenaline

O formulario para participar e máis información podedes atopala en http://xuventude.xunta.es/

martes, 3 de marzo de 2020

María Mendoza en concerto




Concerto de piano de María Mendoza para conmemorar o Dia Internacional da Muller.
Domingo 8 de marzo ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel (Esgos)