martes, 12 de junio de 2018

Campamento de verán



DESTINATARIOS:
Nenos e nenas que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria, nados entre o 2006 e o 2014 empadroados neste concello ou que residan no mesmo durante o verán.

MODALIDADES
- Campamento de verán
- Servizo de madrugadores, dirixido exclusivamente ás familias traballadoras empadroadas neste concello.

HORARIO:
- Campamento de verán: de 10:30 a 13:30 h
-Servizo de madrugadores: de9:00 a 10:30h DATAS:
- Quincena do 2 ao 13 de xullo
- Quincena do 16 ao 27 de xullo
- Quincena do 30 de xullo ao 10 de agosto
- Quincena do 13 ao 24 de agosto

Os solicitantes deberán escoller entre as catro quincenas propostas, indicando a orde de preferencia.
Concederánse máis de dúas quincenas sempre que haxa dispoñibilidade.

PRAZO DE SOLICITUDE:
Entre o 18 e o 22 de xuño de 2018
Os solicitantes terán que cubrir a folla de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e entregala no Rexistro Xeral do Concello.
As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal, ata cubrir as prazas dispoñibles.
A partir do 26 de xuño publicarase no taboleiro de anuncios do concello a lista de admitidos e excluidos

PREZOS:
Nenos e nenas empadroados no Concello de Esgos:  10€ por quincena
Os nenos e nenas residentes no Concello de Esgos durante o verán: 20€ por quincena. Contémplase un desconto do 20% para familias numerosas.

PAGAMENTO:
Entre o 26 e o 29 de xuño ábrese un periodo de pagamento no que os admitidos deberán proceder ao pago na conta bancaria municipal de ABANCA ES18 2080 5300 7631 1000 3418 (concepto: VERAN e o nome e apelidos do neno/a solicitante) e entregar o xustificante de pagamento nas oficinas municipais.
Será motivo de exclusión non entregar a documentación requerida e non realizar o pagamento das cotas establecidas nos prazos sinalados





viernes, 8 de junio de 2018

Obradoiro de foguetes


¿Queres saber como funcionan os foguetes? ¿Queres coñecer a Jules Verne? ¿Queres construir un auténtico foguete?

Pois si tes entre 6 e 12 anos agardámoste o luns 18 de xuño ás 18:00 horas na biblioteca para participar nun Obradoiro de foguetes. 

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura Ler conta moito, da Secretaría Xeral de Cultura.

miércoles, 6 de junio de 2018

Dias de traballo de campo

A biblioteca estará pechada dende hoxe mércores ata o venres, ambos incluídos, polos preparativos da andaina.
O luns volveremos abrir no horario habitual.

Desculpen as molestias.

miércoles, 16 de mayo de 2018

Actividades das Letras Galegas

Esta semana adicámola as Letras Galegas con varias actividades:

O luns prantamos unha árbore na praza do Afiador e ainda que asistíu pouca xente, a árbore quedou ben prantada e desfrutamos dunha merenda.




O martes na biblioteca fixemos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego de María Victoria Moreno.




martes, 8 de mayo de 2018

Dia das Letras Galegas 2018


O 17 de maio celébrase o Dia das Letras Galegas, este ano adicado a María Victoria Moreno, pero na biblioteca ímolo festexar o luns 14 de maio con varias actividades:

  • Papiroflexia: faremos e decoraremos barcos de papel, recordando o Arroás, barco que sae na obra Mar adiante que é a primeira obra en galego da autora.
  • Prantación dunha árbore
  • Merenda á cargo dos asistentes

Luns 14 de maio ás 18:00 horas na Praza do afiador (Esgos)

Na biblioteca podedes atopar varias obras de María Victoria que se poden consultar no Catálogo da biblioteca

jueves, 26 de abril de 2018

Campaña Verán 2018

Xuventude galega, xa está aquí o programa de Acción de Verán: Campamentos, actividades, campos de traballo.

Máis información en http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

lunes, 23 de abril de 2018

Celebramos o dia do libro

Empezamos a semana celebrando o dia do libro cun sorte de libros e pequenos agasallos. Só tedes que lanzar os dados e a sorte decidirá si vos tocou un libro de ciencia, en galego, comic... e o premio (chocolates, patatas fritas, gominolas...)

Ainda estades a tempo de participar ata que se agoten as existencias!

martes, 17 de abril de 2018

Preparativos do dia do libro

Para celebrar o dia do libro (23 de abril) propoñémosvos unha actividade na que influirá a "sorte" e que chamaremos "Ler ten premio, lanza os dados"  (De momento non vos imos dicir máis)

Durante estes dias previos construiremos na biblioteca coa axuda dos nenos todo o material necesario para o "sorteo" que celebraremos o luns 23 entre as 18:00 e as 19:00 horas.

martes, 3 de abril de 2018

Actividades del dia del libro infantil

Co gallo do Dia Internacional do Libro Infantil estamos a levar a cabo diferentes actividades na biblioteca durante a pasada semana e esta:


  • Coloreamos debuxos basados nos contos de Andersen







  • Promocionamos o préstamo dos libros de Andersen que temos na biblioteca: