viernes, 31 de agosto de 2012

Clausura do campamento de verán

Hoxe clausúrase o campamento urbano de verán que comezara o 1 de xullo e no que participaron 50 nenos.

Para rematar proxectamos as fotos que fixemos nas actividades do campamento: manualidades, guerra de globos de auga, visita á escola de adestramento canino, andaina, etc.

Os pais que queiran unha copia das fotos poderán pasar pedilas na biblioteca.

martes, 21 de agosto de 2012

Horario de festas

Biblioteca:
mércores 22, xoves 23, venres 24: de  11 a 13.30 horas
luns 27 e martes 28: pechada

Campamento de verán:
luns 27 e martes 28 non haberá campamento

Oficinas municipais: 
mércores 22, xoves 23, venres 24, luns 27 e martes 28 de 9 a 13.30 horas

lunes, 13 de agosto de 2012

O campamento urbano na escola de adestramento canino "Do Castelo"

O campamento urbano de Esgos trasladouse hoxe á escola de adestramento canino "Do Castelo" para que os nenos puideran visitar as instalacións.

Comezamos cun percorrido polas canceiras e despois puidemos desfrutar dunha pequena demostración con varios cans. Tamén aprenderon cómo achegarse sen perigo ós cans e como acaricialos. Para rematar todos puideron pasear a unha cadela.


viernes, 10 de agosto de 2012

Sábado de película...


A película VILAMOR proxectarase en Esgos.

Data: sábado 18 de agosto
Hora: 22:00 h.
Lugar: Praza da Souteira, Esgos.

Pódese consultar toda a información referente a esta película en http://www.vilamor.eu/ e en https://www.facebook.com/vilamorfilme

jueves, 9 de agosto de 2012

Visita á escola de adestramento canino "Do Castelo"


Dentro das actividades do campamento urbano de verán, o luns 13 de agosto está prevista unha saída á ESCOLA DE ADESTRAMENTO CANINO “DO CASTELO” polo que NON haberá actividades para os nenos na praza da Souteira. 


Os nenos que queiran participar nesta actividade deberán: 

  • Entregar a autorización firmada no momento de comezo da mesma. 
  • Os pais deberán deixar ós nenos na entrada da residencia canina ás 11:00 horas e recollelos no mesmo lugar ás 13:00 horas. Dirección: Escola de adestramento canino “Do Castelo”. Carretera de San Pedro de Rocas, km 1.8oo – Esgos. 
  • Deberán levar gorra, auga e algo para comer (opcional)

jueves, 26 de julio de 2012

Fotos do "ponlle as pilas ao teu bocata"

O martes pola tarde na piscina municipalos nenos puideron participar na campaña "ponlle as pilas ao teu bocata".


Esta campaña que promociona os bocadillos de conservas do mar comezou cunha pequena charla sobre as conservas, para continuar con xogos nos que participaron todos os nenos e rematar coa elaboración do seu propio bocadillo.


Ademais, todos os nenos recibiron ó final unha gorra e unha lata de conservas como agasallo.


As fotos desta xornada poden verse na biblioteca, pero eiquí vai unha pequena mostra:



Dentro desta campaña tamén podes participar no concurso "crea o teu propio bocata" e gañar unha nintento 3DS. Máis información en http://www.ponlleaspilasaoteubocata.com/

miércoles, 18 de julio de 2012

Fotos do "lecer no verán 2012"

Hoxe celebrouse en Esgos unha xornada adicada ós nenos: "Lecer no verán 2012".

Dende as 10.30 horas da mañá e ata as 19.00 horas tiveron tempo para xogar, facer manualidades, desfrutar dunha tarde de piscina...

Neste enlace podedes ver algunhas fotos:

"Lecer no verán 2012"

lunes, 9 de julio de 2012

Ponlle as pilas ao teu bocata

Se tés entre 6 e 12 anos poderás participar na campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata"da Consellería do Mar.

  • Lugar: Piscina municipal de Esgos
  • Data: martes 24 de xullo 
  • Hora: 17:00 h.

Despois de participar nos obradoiros da Consellería do Mar sobre os beneficios das conservas os nenos poderán preparar a súa propia merenda a base de conservas de pescado e marisco.


Para poder participar é necesario anotarse no concello ou na piscina antes do 19 de xullo.


www.ponlleaspilasaoteubocata.com

viernes, 6 de julio de 2012

Verán no rural


Dirixido a: Nenos/as de entre 6 e 12 anos

Data e hora: 18 de xullo de 10.30 a 19.00 horas.

Programación:
  • Pola mañá: explicación das actividades e normas de convivencia, xogos e manualidades na praza da Souteira (Esgos)
  • Xantar: paseo ata a zona acordada para xantar e tempo de lecer
  • Pola tarde: roteiro ata a piscina municipal e xogos na auga, obradoiros, etc.
  • 19:00h. finalización da actividade



Debes traer:
  • Roupa e calzado cómodo
  • Viseira
  • Xantar (bocadillo / froita / bebida) e merenda
  • Protección solar
  • Traxe de baño, toalla e chanclas (para que non vaias cargado todo o día, podes deixar esto na praza da Souteira e entregaráseche na piscina)

O pai/nai deberá firmar a autorización que acompaña a esta carta, para que poidas asistir a esta actividade, e entregala no concello antes do 16 de xullo.


Lembrarvos que os nenos tamén poden desfrutar do campamento urbano que se está a celebrar en Esgos durante este mes e o mes de agosto.