lunes, 8 de noviembre de 2010

Magosto 2010


O domingo 7 de novembro celebrouse na praza da Souteira en Esgos, o magosto do concello, coa participación dunhas catrocentas persoas.

As fotos xa se poden ver en www.concelloesgos.com ou en facebook

Curso de tai-chi


O curso de tai-chi da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" comeza unha nova andadura hoxe ás 20.00 horas.
  • Día: luns e mércores
  • Hora: 20.00 - 21.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira (Esgos)
Se estás interesada aínda estás a tempo de participar.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

Reunión informativa das mulleres rurais



A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" convoca ás socias e non socias a participar nunha reunión informativa para planificar as actividades do vindeiro ano.

  • Data: Sábado 7 de novembro
  • Hora: 17:30 h.
  • Lugar: Local social de Esgos

martes, 2 de noviembre de 2010

A Ribeira Sacra en Cuatro

O pasado sábado no programa "Tu vista favorita" que se emite en Cuatro ás 21:30 horas, Adolfo Dominguez promocionou a Ribeira Sacra.


Das catro vistas que se emitiron o sábado a "vista favorita" que consiga mais votos será finalista e parcipará na seguinte ronda.
Para votar pola Ribeira Sacra chama ó 905446447 ou envía un SMS coa palabra VISTA SACRA ó 27244. As votacións pecharanse o venres ás 12h. Máis información sobre as votacións.

No vídeo do programa completo pódese ver a reportaxe sobre a Ribeira Sacra a partir do minuto 29.
Fonte: www.cuatro.com

lunes, 18 de octubre de 2010

Conferencia "Alimentacion saludable"

Data: 23 de outubro
Lugar: Escola de Hosteleria de Vilamarín

  • 17:00 h: Mesa "Alimentación saludable"
Conferencia: D. Tomás Alonso, presentador da TVG do programa "Larpeiros"
  • 18:00 h: Mesa "Beneficios dos productos da comarca para a saúde"
  • 19:00 h: Taller práctico
  • 19:30 h: Visita guiada polo Director ás instalacións da Escola de Hostelería
Organiza: Rede Ourensá de Mulleres Populares, Partido Popular

martes, 5 de octubre de 2010

Preparando o magosto 2010

Comezan os preparativos do magosto 2010 do concello de Esgos.

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

Nos vindeiros días poñeranse á venda as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa.
  • Día: Domingo, 7 de novembro
  • Hora: 13.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

jueves, 30 de septiembre de 2010

Curso gaita e percusión

Comeza unha nova edición do "Curso de Gaita e Percusión".

O sábado 2 de outubro haberá unha reunión informativa no local que a banda de gaitas de Esgos ten no Pinto para organizar o novo curso.

Máis información nas oficinas do concello.

miércoles, 29 de septiembre de 2010

EDUCAMÓBIL

O vehículo "EDUCAMOBIL" volverá a visitar o concello de Esgos a vindeira semana.
Todos os rapaces de entre 4 e 11 anos que o desexen, poderán achegarse ó autobús e disfrutar de xogos informáticos e de lecer totalmente gratis.
  • Dia: martes 5 de outubro
  • Hora: 17:00 a 20:00 horas
  • Lugar: ó carón do local social de Vilar
O proxecto "EDUCAMOBIL" posto en marcha pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación SEUR é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música, xogos supervisado por persoal cualificado.

martes, 28 de septiembre de 2010

Taller de exercitación da memoria

Un ano máis dende o Concello vaise a realizar un obradoiro de memoria, que comezará a primeira semana de outubro.

Este obradoiro vai englobar diferentes temas como: Talleres de exercitación de memoria, nutrición, relaxación, respiración...

O obradoiro que é totalmente gratuíto, está dirixido a todos os veciños/as, non hai límite de idade para participar e para evitar desprazamentos impartirase como ata agora, nos locais sociais.

Máis información nos Servizos Socias do concello ou chamando ao 988290000.

lunes, 13 de septiembre de 2010

Novos cursos de iniciación á informática


Nos vindeiros días comezarán novos cursos de iniciación á informática e internet.

Estes cursos van dirixidos a adultos sen coñecementos de informática que queiran aprender o funcionamento básico dun ordenador e a navegar e comunicarse por internet.

Os interesados en participar nestes cursos deberán comunicalo na biblioteca ou no concello.

As clases teñen unha duración dunha hora e impártense dous días a semana no horario que mellor conveña ós alumnos, normalmente a última hora da tarde.

Dende eiquí pedimos a vosa colaboración para lograr a máxima difusión destes cursos.