miércoles, 7 de julio de 2010

Ourense lúdico

Todos os luns do verán os máis pequenos poderán disfrutar de xogos dentro do programa "Ourense lúdico".

Hora: de 11 a 13 horas

Lugares:
  • Praza da Souteira (Esgos): todos os luns de xullo e o primeiro luns de agosto
  • Local social de Vilar: a partir do segundo luns de agosto.

sábado, 3 de julio de 2010

Entrega de diplomas do taller de memoria

Coa entrega de diplomas dase por finalizado esta edición do "taller de memoria", que organiza Servizos Sociais do concello de Esgos.

O alcalde, o concelleiro de Asuntos Sociais, a Traballadora Social e o profesor entregaron os diplomas ós alumnos nun acto, no que tamén se aproveitou para mostrar as fotografías da viaxe cultural que fixeran no mes de marzo.

viernes, 2 de julio de 2010

Fin de curso de Tai-Chi


O curso de Tai-Chi que viñan celebrando as "mulleres rurais" dende o outono pasado deuse por rematodo cunha merenda o pasa mes de xuño.

As alumnas agradeceron a labor do profesor cun pequeno agasallo.


Ata o curso que ven!!!

martes, 29 de junio de 2010

Doazón de sangue

Se tes máis de 18 anos, unha saúde normal e máis de 50 kilos de peso non quedes indiferente, 15 minutos do teu tempo poden resolver moitos problemas de saúde e salvar vidas.


  • Dia: sábado 3 de xullo
  • Hora: de 12.30 a 15.00 horas.
  • Lugar: ó carón do Centro de Saúde de Esgos

Doa sangue!

jueves, 24 de junio de 2010

lunes, 21 de junio de 2010

Verán, piscinas, biblioteca...

Hoxe comeza o verán e hoxe tamén abriron as piscinas municipais. O horario de apertura segue a ser o mesmo de todos os anos, de 12 da mañá a 9 da tarde.

A biblioteca tamén ten que adaptarse ó horario de verán así que o mércores 23 de xuño comezaremos a abrir pola mañá:

De luns a venres de 11:30 a 14:15 horas.

martes, 15 de junio de 2010

Conexión a internet sin cables

Na entrada Donde internet no llega... intentamos explicar como funciona esta nova tecnoloxía inalámbrica de acceso a Internet, que permite o acceso a Internet en zonas onde non chega o ADSL.

Persoal de tngo estará no noso concello para explicar a todos os interesados cómo funciona este acceso a Internet sin cables, canto custa, etc, e para resolver todas as dúbidas.

Todas as persoas interesadas ou non en dispor de Internet nos seus fogares, ós que non chega a cobertura do ADSL, poden asistir para informarse.

  • Lugar: Local Social de O Pinto
  • Hora: 19.00 horas
  • Data: venres 18 de xuño

martes, 8 de junio de 2010

Donde Internet no llega.... tngo

El viernes pasado nos visitó un comercial de tngo, que es la marca con la que Iberbanda comercializa sus servicios de Internet y telefonía en entornos rurales de Galicia y Asturias.

tngo utiliza una tecnología inalámbrica por ondas de radio que permite el acceso a Internet de forma independiente, sin necesidad de tener línea de teléfono. Por lo que puede ser una buena opción de acceso a Internet para aquellas zonas de nuestro ayuntamiento a las que aun no llega el ADSL o para aquellas personas que no tienen línea de teléfono fijo.

Las modalidades de acceso a Internet disponibles son:
  • 1 Mb modalidad libre: 95€ de instalación y 26€/mes
  • 1 Mb modalidad 12: 0€ instalación y 33 €/mes
  • 2 Mb modalidad libre: 95€ de instalación y 34€/mes
  • 2 Mb modalidad 12: 0€ instalación y 42 €/mes

Los vecinos interesados podrán asistir a una reunión en la que les explicarán detenidamente el funcionamiento, los servicios disponibles y los precios.

Todas las personas que quieran acudir a la reunión deberán comunicarlo en la biblioteca o en el ayuntamiento con el fin de organizarnos y elegir el horario que mejor convenga a la mayoría.

lunes, 7 de junio de 2010

Fotos "Subida Rocas - O Eirado"

Casi 500 persoas participaron onte na carreira de montaña "Subida Rocas - O Eirado" e na andaina popular do concello de Esgos.

Na carreira de montaña cada ano participa máis xente...


Os 500 euros de premio para o corredor que baixara a marca do ano pasado (1h: 00':13") levounos Luis Calvo Castro cun tempo de 57':57"



Fotos da IV andaina do concello de Esgos

Eiquí podedes ver un adianto das fotos da andaina que se publicarán nos vindeiros días na web do concello (www.concelloesgos.com)