lunes, 20 de octubre de 2014

Préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas



GaliciaLe é a plataforma do libro electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á lectura neste formato.

GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas (ficción, informática, historia, ocio etc.) e para todas as idades.

En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo do libro electrónico en galego” e outro que aloxa o “Catálogo do libro electrónico en castelán”. Os libros incluídos nestas dúas contornas poderán lerse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles, ordenadores persoais e lectores de libros electrónicos.

Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
  • Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné. Se xa tes tarxeta de lector/a é necesario que cubras o formulario de inscrición para rexistrarte como usuario de GaliciaLe
  • Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.


No hay comentarios: