lunes, 13 de diciembre de 2010

Actividades de Nadal para nenos

  • Xornada de xogos populares para nenos e maiores
23 de decembro de 4.30 a 6.30 da tarde en Vilar
Manualidades, billarda, chave, enredos musicais, zancos, aros, rá, birolla, petanca, etc.
Ó acabar os xogos haberá chocolate e bica para todos. Animádevos e vide cos vosos pais, nais ou avós.
  • Visita a Pazolandia
29 de decembro
Como tódolos anos visitaremos o Parque de Atraccións “Pazolandia”. Imprescindible anotarse no concello ou na biblioteca antes do 28 de decembro.
  • XI Concurso de Postais.
Por décimo primeiro ano consecutivo celebrarase o concurso de postais que vai dirixido a todos os nenos e nenas de entre 3 e 14 anos. Valorarase a orixinalidade e poderase empregar todo tipo de materiais (papel, purpurina, cartón, algodón, etc.).
O prazo para presentar as postais remata o 30 de decembro.
Tódolos participantes terán un agasallo.
  • Visita dos Reis Magos de Oriente
5 de xaneiro ás 12 da maña na Praza da Souteira Os Reis Magos entregarán os premios do XI Concurso de Postais.

No hay comentarios: