viernes, 9 de mayo de 2008

17 de maio: Día de Internet e Día das Letras Galegas

O 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, que este ano se adica a Xosé María Álvarez Blázquez, poeta, narrador, editor, historiador, arqueólogo, orador, pedagogo..
Para máis información visitar a web http://17demaio.org/
Pero o 17 de maio tamén se celebra o Día de Internet e por eso dende o telecentro queremos animarvos a celebralo con nós con varias actividades.
  • TRIVIAL SOBRE ESGOS
Contesta ás preguntas que aparecen neste trivial e demostra o que sabes sobre o concello.
Pincha no seguinte enlace para acceder ás preguntas:
TRIVIAL SOBRE ESGOS
  • REPOSTERIA DO DIA DE INTERNET
Só terás que elaborar un postre con algún detalle que teña que ver coas novas tecnoloxías (ordenador, teclado, rato, cd, etc) e traelo ó telecentro o sábado 17 ás 16:00 horas.

  • GYMKHANA DO TELECENTRO DE ESGOS

Contesta ás preguntas que se publicarán neste blog o xoves 15 ás 7 da tarde, buscando en internet, e envía as respostas co enlace á páxina web onde atopaches a solución, ó correo electrónico esgostelecentro@gmail.com. O primerio que envíe todas as respostas correctas coa dirección web correspondiente, recibirá un pequeno agasallo que lle será moi útil nas vindeiras visitas ó telecentro.
O prazo para recibir as respostas remata o sábado 17 ás 6 da tarde.
Para poder participar na Gymkana tes que ser usuario do telecentro de Esgos.

  • XOGOS DE RED.ES

Na páxina http://www.centrosavanzadostic.es/internet08/ podedes atopar unhos divertidos xogos para nenos de todas as idades. Son moi divertidos e tamén poden xogar os máis maiores.

No hay comentarios: