lunes, 9 de diciembre de 2019

Obradoiro de adornos de Nadal



Xa sabedes que na biblioteca gústanos reciclar, reutilizar e non malgastar e tamén sabedes que nos gustan moitooooo os nosos pobos, así que por iso se nos ocurríu facer este obrardoiro de adornos de Nadal.

1. Durante estes primeiros días da semana recolleremos adornos de Nadal que xa non usedes (bolas, cintas, estrelas, lazos, árbores...)
2. O xoves e o venres elaboraremos cos nenos novos adornos cos materiais recollidos.
3. Regalaremos os adornos.

Sirvan como exemplo estes dous adornos:
  • Boneco de neve feito con: 1 taco dun palet, gorro e bufanda prestada por un neno e goma eva. Está colocado na biblioteca



  • Adornos na barandilla da fonte de Pazos (Esgos), feitos con: ramas de piñeiro recollidas na marxe dos camiños, lazo feito con recheo de embalaxe e bola dourada (falta poñer máis bolas)






No hay comentarios: