miércoles, 6 de noviembre de 2019

Magosto


O domingo 17 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas.

Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e bica. E actuará a charanga "A Felga".
Para poder asistir deberán retirarse as entradas ata o 15 de novembro nos bares e tendas e nas oficinas do Concello a un prezo de 8€ os adultos e 3€ os nenos.

O dia do magosto só se venderán entradas si quedan prazas dispoñibles (aforo 450 persoas) e o prezo será de 10€

No hay comentarios: