viernes, 15 de febrero de 2019

Lingua de namorar 2019

As consellerías de Cultura e Turismo e de Política Social, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, convocan Lingua de namorar, un concurso en liña de mensaxes de amor en galego dirixido ás mozas e mozos de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal deste concurso é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e na Internet.

Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres.

Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

Categoría A (de 14 a 19 anos):
  1. Tablet SPC Gravity PRO
  2. Libro electrónico EareaderBQ Cervantes
  3. Altofalante portátil DAEWOO
Categoría B (de 20 a 35 anos):
  1.  Ordenador portátil HP
  2.  Sistema de son NEVIR
  3.  Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO

O prazo para enviar as mensaxes remata o 28 de febreiro.

Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

As mensaxes gañadoras coñeceránse o 18 de marzo.



No hay comentarios: