miércoles, 28 de febrero de 2018

Dia da Muller

Para conmemorar o Dia da Muller queremos facer un mural na biblioteca coas vosas fotos de “mulleres traballadoras”, tanto antigas como actuais.
Esperamos xuntar fotos de moitos traballos diferentes: repartindo o correo, conducindo un autobús, mirando a tensión, impartindo clase, levantando unha parede, servindo café, vendendo roupa, facendo a comida, coidando nenos, limpando, coidando o gando, poñendo a horta, etc.

Envíanos as túas fotos ou da túa nai, irmá, amiga, noiva, etc  ao facebook do concello ou a esgostelecentro@gmail.com

No hay comentarios: