martes, 12 de septiembre de 2017

Xuventur 2017

Que é Xuventur?
Trátase dun programa de actividades de educación non formal para desenvolver en establecementos rurais galegos, en estancias de fin de semana, que sirva tanto para a adquisición de competencias e habilidades por parte da mocidade como para fomentar o coñecemento da riqueza natural, o
coidado do ambiente, o goce da paisaxe e o contacto coa natureza entre a mocidade.
Ofrécense distintas alternativas de participación no mes de outubro.

Quen pode participar?
Mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos no momento da solicitude e queira gozar dun programa de actividades de educación non formal nos espazos naturais de Galicia.

Obxectivos do programa
• Mellorar as competencias e habilidades da xuventude a través da educación
non formal.
• Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía
e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o
seu respecto.
• Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo
rural de Galicia.
• Promover a educación ambiental e o ocio saudable.

Custe do programa
O programa é gratuíto

Prazo de inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 12 de setembro ás 9:00 horas.
O horario de atención ás chamadas será de 9:00 a 14:00 h.
Os teléfonos onde podes realizar as reservas son: 881 999 025 e 981 545 293

Adxudicación das prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada das chamadas e asinaranse ata esgotar todas as dispoñibles por programa.

Toda a información pode consultarse en http://xuventude.xunta.es/images/Novas/Setembro2017/Folleto_Xuventur_2017.pdf

No hay comentarios: