martes, 10 de enero de 2017

Termalismo Social 2017

Dende o pasado 1 de xaneiro xa se poden enviar as solicitudes para o programa "Termalismo Social 2017" da Deputación de Ourense.

"Termalismo Social 2017" contará con outro balneario (o balneario de Partovia) e diferentes programas:

PROGRAMA ESTANCIAS
Solicitante:  maior de 50 anos. Acompañante: maior de 18 anos
Programa de estancias de 6 dias ou 13 dias, con pensión completa, 10 ou 20 tratamentos termais e acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal.

PROGRAMA ESTANCIAS RENFE
Programa de estancias de 6 dIas con pensión completa,10 tratamentos termais, acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal e o desprazamento en tren ata Ourense dende 40 cidades de toda España e o traslado ao Balneario incluido.

PROGRAMA TERAPEUTICO
Solicitante: maior de 50 anos.
Programas terapéuticos de 20 ou 35 tratamentos termais durante un máximo de 15 dias sen aloxamento personalizados para diferentes patoloxías

PROGRAMA CULTURA TERMAL
Solicitante:  Maior de 18 años
Programa de fin de semana con entrada o sábado, pensión completa, 2 tratamentos termais para unha ou dúas personas, cun  menor ata doce anos gratis

Máis información sobre os balnearios, prezos, etc en http://termalismo.depourense.es

No hay comentarios: