martes, 15 de marzo de 2016

Competencias clave

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática.

O prazo para inscribirse remata o 2 de abril.
As probas dos dous niveis serán o sábado día 21 de maio de 2016
O lugar de realización das probas prevese que sexa na Fundación Semana Verde Silleda (Pontevedra).

Toda a información está publicada en http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave onde tamén podes atopar os exames das convocatorias anteriores.

No hay comentarios: