martes, 17 de junio de 2014

Campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor"



A campaña “Separemos ben, reciclarmos mellor”, impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e Sogama, chegará a Esgos este mes.

Instalarase un aula móbil dende a que diversos monitores darán a coñecer ós veciños o principio normativo dos tres erres: reducir a produción de lixo, reutilizar ao máximo os produtos ata esgotar a súa vida útil, e separar os refugallos por tipos de material para que poidan ser reciclados.
Tamén recordarán o contedor de destino de cada residuo e falarán das vantaxes, tanto ambientais como económicas, da compostaxe doméstica.

Os nenos tamén terán o seu espazo que virá a complementar e reforzar a formación dos escolares en materia de xestión de residuos urbanos.
  • Lugar: Praza da Souteira
  • Dia: 25 de xuño
  • Horario: 10:00 – 14:00 h

No hay comentarios: