martes, 29 de abril de 2014

Programa Activa 2014

O programa Activa 2014 ten como obxectivo proporcionar aos mozos e mozas menores de 30 anos ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega. Dentro deste programa levaránse a cabo ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, naqueles concellos que o soliciten, unhas xornadas e obradoiros de dúas horas de duración.

Os mozos que queiran asistir a algún destes obradoiros deberá comunicalo na biblitoeca antes do 14 de maio, e o obradoiro que teña máis solicitudes será o que pediremos. (Se non se consigue un mínimo de asistentes non se pode solicitar)

Os obradoiros dispoñibles son:
  •  “Emprendendo dende a rede”: Obradoiro sobre os diferentes recursos que ofrecen as redes para promocionar, financiar e dar a coñecer os teus proxectos. 
  •  “Liderado para o éxito”: Obradoiro de resolución de conflitos e comunicación (persoal e interpersoal). Deseño dun proxecto de crecemento persoal; análise da situación que leva a conflito, as metas e os medios existentes para lograr o éxito. 
  •  “Consumo Xeito”: Obradoiro de análise das novas formas de consumo que a mocidade realiza de forma habitual e espontánea onde se descoñecen os posibles riscos que iso pode supoñer. Forma dinámica para establecer as distintas liñas de actuación nas formas de consumo. 
  •  “Activando o teu futuro”: Obradoiro de motivación relacionada co emprego e o autoemprego. Análise das oportunidades de traballo e competitividade no mercado laboral. Aportar ferramentas para os mozos e mozas que lles permitan optimizar as súas habilidades e destrezas para a toma de decisións respecto o futuro ocupacional ou profesional. 
  • Xuventude con Iniciativa: Obradoiro que ofrece a unha información completa e actualizada sobre os recursos dos que dispón a mocidade galega en materia de xuventude, unha condición básica para garantir a participación efectiva dos mozos e mozas na sociedade actual. 


No hay comentarios: