martes, 2 de julio de 2013

Campamentos de verán na provincia de Ourense

Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense

A Deputación de Ourense xunto con Concello de Celanova, promoven o Campamento da Ourensanía, empeza por coñecer Ourense, dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 15 anos.

Trátase dun campamento baseado no coñecemento da provincia de Ourense que se levará nas instalacións do Albergue Municipal de Celanova durante o mes de agosto cunha duración semanal (5-10; 12-17; 1-24; 26-31 de agosto).

Por unha banda realizaránse xogos temáticos en Castromao e na Vila de Vilanova dos Infantes, así como visitas á Baixa Limia, Muiños e Bande. Os obradoiros abranguen diversas actividades: xogos tradicionais, diario con material para reciclaxe, títeres, fíos e pulseiras...

O custo da estadía semanal é de 100 euros todo incluído.

Máis información na biblioteca municipal ou directamente cos organizadores no número de teléfono 661120370.

Campamento de verán no complexo turístico deportivo "O Corgo" (Muíños)


O Concello de Muíños xunto coa Deputación Provincial promoven un campamento para rapaces de 10 a 17 anos.

O campamento levarase a cabo no Complexo Turístico Deportivo "O Corgo" durante os meses de xullo e agosto cunha duración semanal.

Actividades: iniciación ó piragüismo, remo en banco móbil e vela lixeira no encoro das Conchas, competicións deportivas de pista no polideportivo, obradoiros e sendeirismo para o coñecemento do medio, así como xornadas lúdicas e veladas nocturnas.

O custo da estadía semanal é de 120 euros todo incluído.

Máis información en www.concellomuinos.com ou a través do correo electrónico concello.muinos@eidolocal.es

Campamento no albergue de Vilar (Esgos)

Ganeda, empresa de servicios de ocio e tempo libre, educativos e alternativos organiza un campamento de verán no albergue de Vilar (Esgos) no mes de xullo (do 22 ó 28) para rapaces de 8 a 13 anos.

Actividades: obradoiro de inglés, visita a San Pedro de Rocas, tiro con arco, senderismo, observación de estrelas, deportes, hípica, piscinas, contacontos, xogos populares, veladas nocturnas, pernocta en tenda de campaña...

Máis información e inscricións www.ganeda.es ou ben no teléfono 988 215 465

No hay comentarios: