lunes, 3 de septiembre de 2012

Obradoiro: Acompañamento na dependencia


Cruz Vermella porá en marcha en Esgos un proxecto dirixido principalmente a persoas maiores, especialmente a aquelas que teñan ó seu cargo a algún dependente.

Este proxecto consiste en 3 obradoiros de hora e media cada un, nos que se expoñerá de maneira sinxela e por persoal especializado, a información necesaria para calquera persoa coidadora, agrupada en:

  • Axudas técnicas existentes no mercado e o seu funcionamento
  • Prestacións económicas e recursos existentes no entorno
  • Coidados básicos sanitarios (movilizacións, curas, …)


Lugar de celebración
Datas
Horario
Local social de Esgos
mércores 12, 19 e 26 de setembro

de 10 a 11:30 horas

Esta actividade é gratuita e para poder celebrarse é necesaria a asistencia dun número mínimo de persoas, así que todos os interesados deberán anotarse nas oficinas de Servizos Sociais do Concello antes do 11 de setembro.

1 comentario:

María. Telecentro de Esgos dijo...

O taller do mércores 26 cambiase para o mesmo día pero ás 17 horas.