martes, 6 de marzo de 2012

Campaña Verán 2012

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012.

O obxectivo desta campaña é favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan non só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital. Ademais tamén existe a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

Mais Información: http://xuventude.xunta.es

No hay comentarios: