
Os Reis Magos visitaron ós nenos de Esgos o día 5 pola mañá. Foron recibidos polo alcalde ás portas do Concello e entregaron un pequeno agasallo a todos os asistentes. Tamén aproveitaron para entregar os premios do concurso de postais no que resultaron gañadores:
- Menores de 3 anos: Fernando Rodriguez Gil
- Entre 4 e 6 anos: Sara Diaz Rodriguez
- Entre 7 e 9 anos: Anxo Rodriguez Tesouro
- Maiores de 10 anos: Mario Gómez García
Pódense ver as fotos desta visita en
http://www.concelloesgos.com/ e no
facebook do concello
No hay comentarios:
Publicar un comentario