jueves, 26 de agosto de 2010

Inspección técnica de vehículos agrícolas

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas (ITV) estará situada no Pinto (Esgos) o 14 de setembro no seguinte horario:

De 9:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 18:00 horas.

Asignarase día e hora directamente na unidade móbil ou chamando ao teléfono 609139956
Documentación a presentar: Tarxeta ITV, permiso de circulación e cartilla da inspección agrícola.

lunes, 16 de agosto de 2010

Xuventude Crea, certame para novos creadores

Xuventude Crea é un certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos.
  • Destinatarios: Mozos/as galegos non profesionais, de entre 16 e 30 anos
  • Inscripcións: Impreso de solicitude (anexo I), descargado de www.xuventude.net
  • Prazo: ata o 31 de agosto
  • Premios: primeiro 3000€, segundo 1500 € e terceiro 1000 €
Máis información en www.xuventude.net

II Concurso de Fotografía "Enfoque Medioambiental"

II Concurso de Fotografía "Enfoque Medioambiental"

  • Participantes:
Poderán participar no concurso todas as persoas residentes na Comunidade Autónoma Galega con idade de 11 anos ou máis a día 15 de setembro de 2010.
  • Tema e características técnicas:
- As fotografías deberán versar sobre calquera aspecto do medio ambiente en Galicia (participación social, educación, riqueza natural e
paisaxística, contaminación, etc.).
- Os participantes serán responsables da orixe da obra presentada.
- As fotografías deberanse presentar reveladas, en dimensións de 20x30 cm ou 15x20 cm.
- Cada participante poderá presentar unha única fotografía.
- O participantes evitarán en todo momento accións irregulares que vaian contra o espíritu conservacionista na obtención das súas fotografías.
  • Categorías:
CATEGORÍA A: De 11 a 15 anos.
CATEGORÍA B: De 16 a 18 anos
CATEGORÍA C: De 18 anos en diante
  • Premios:
Categoría A: Escultura alegórica e un cheque de 300 euros.
Categoría B: Escultura alegórica e un cheque de 300 euros.
Categoría C: Escultura alegórica un cheque de 500 euros.

Concurso de debuxo "E ti que pintas no medio?"

II CONCURSO DE DEBUXO: “E TI QUE PINTAS NO MEDIO?”
  • Participantes:
Poderán participar no concurso todos os rapaces e rapazas que teñan entre 6 e 18 anos a 15 de setembro de 2010 e residentes na Comunidade Autónoma Galega.
  • Tema e características técnicas:
- Os debuxos deberán versar sobre calquera aspecto do medio ambiente en Galicia (participación social, educación, riqueza natural e paisaxística,
contaminación, etc.).
- Os participantes serán responsables da orixe da obra presentada.
- Os debuxos realizaranse sobre papel, cun tamaño máximo A3.
- As características do papel (grosor, acabado, color, etc.) e técnica serán a elección dos participantes.
- Cada participante poderá presentar un único traballo.
  • Presentación:
Ata o 12 de novembro de 2010
  • Categorías:
A: 6 a 9 anos; B: 10 a 12 anos; C: 13 a 15 anos; D: 16 a 18 anos
  • Premios:
Escultura alegórica e cheque de 300 euros por cada categoría.

viernes, 13 de agosto de 2010

Programa Fiestas Esgos 2010

Festas de Esgos na honra de San Vitores ( Os días 26,27,28,29 e 30 de agosto)

  • Xoves 26 (Festividade de San Vitores).
12:00 Misa solemne coa actuación da coral "Camerata Auriense".
20:30 Festa do emigrante e V Festa do arroz con leite, con animación da charanga "Os chispas".
24:00 Disco móvil con DJ Cesar
  • Venres 27
11:30 Concurso de debuxo infantil e xuvenil
18:00 Galiocio na zona das piscinas
24:00 Concerto dos grupos: Cinco Bajo 0, Os sonoro maxin
  • Sábado 28
10:00 Pasarúas a cargo da banda de gaitas "Airiños de Caldelas"
12:00 Gimkana ciclista na praza da Souteira
16:00 Campionato de tute, subastado e dominó no bar San Xoan (1ª fase)
17:30 Campionato de natación
19:30 Campionato de ping pong (1ª fase)
20:00 Espectáculo de animación e máxia
00:30 Verbena coa orquesta "Tequila"
  • Domingo 29
12:00 Misa solemne coa banda de música de Celanova
16:00 Campionato de tute, subastado e dominó no bar San Xoan (fase final)
17:30 Campionato de futbolín no bar O Lugar
19:00 Campionato de ping pong (fase final)
20:00 Mago José Rivera da asociación Altega
21:30 Festa e verbena coa orquesta "Nueva Generación".
  • Luns 30
10:00 Pasarúas con "Airiños de Caldelas"
18:00 Partido de futbol solteiros/as contra casados/as
20:00 Guerra do pastel coa colaboración de confitería Milhojas na zona da praza da Saa
21:30 Festa e verbena coa orquesta "La Oca" (ao fin de festa entrega de trofeos)
03:00 Chocolatada e bica por cortesía da comisión de festas

miércoles, 11 de agosto de 2010

Curso de operacións básicas de restaurante-bar

Curso de Operacións Básicas de Restaurante - Bar dirixido a persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego para celebrar en Montederramo.
  • Inicio: Agosto de 2010
  • Duración: 310 horas
  • Horario: Luns a venres de 9-14
  • Importe: Subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia – Fondo Social Europeo
Máis información:
Oficina Emprego de Ourense: 988 373098
Grupo Academia Postal: 988 366268

viernes, 6 de agosto de 2010

Lecer no verán


Xogos do mundo, xogos tradicionais galegos, actividades campamentais, manualidades.... para nenos de 6 aos 12 anos.

  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos
  • Data: Mércores, 11 de agosto
  • Hora: 11:00-13:30 h.

jueves, 5 de agosto de 2010

Obras de teatro

A compañía Danthea Teatro presentará no concello dúas obras de teatro dentro do programa "Camiños de cultura" da Xunta de Galicia.

Monicreques. Carapuchiña vermella ou o conto do lobo
  • Data: sábado, 7 de agosto
  • Hora: 20:30 h.
  • Lugar: Local social de Vilar.
Monicreques. O Espello de Francisquiña
  • Data: domingo, 15 de agosto
  • Hora: 20:30 h.
  • Lugar: Praza da Souteira, Esgos