lunes, 16 de agosto de 2010

Concurso de debuxo "E ti que pintas no medio?"

II CONCURSO DE DEBUXO: “E TI QUE PINTAS NO MEDIO?”
  • Participantes:
Poderán participar no concurso todos os rapaces e rapazas que teñan entre 6 e 18 anos a 15 de setembro de 2010 e residentes na Comunidade Autónoma Galega.
  • Tema e características técnicas:
- Os debuxos deberán versar sobre calquera aspecto do medio ambiente en Galicia (participación social, educación, riqueza natural e paisaxística,
contaminación, etc.).
- Os participantes serán responsables da orixe da obra presentada.
- Os debuxos realizaranse sobre papel, cun tamaño máximo A3.
- As características do papel (grosor, acabado, color, etc.) e técnica serán a elección dos participantes.
- Cada participante poderá presentar un único traballo.
  • Presentación:
Ata o 12 de novembro de 2010
  • Categorías:
A: 6 a 9 anos; B: 10 a 12 anos; C: 13 a 15 anos; D: 16 a 18 anos
  • Premios:
Escultura alegórica e cheque de 300 euros por cada categoría.

No hay comentarios: