viernes, 22 de enero de 2010

A biblioteca en Internet

A biblioteca do concello forma parte da "Rede de bibliotecas de Galicia" e un dos benefecios que esto supón é que a través da web www.opacmeiga.rbgalicia.org pódese consultar o catálogo de libros dispoñibles, reservar libros...

Consultar o catálogo é tan sinxelo como:
  1. Acceder á web www.opacmeiga.rbgalicia.org
  2. Elexir a Provincia (Ourense), Comarca (Ourense), Concello (Esgos).
  3. "Entrar na Biblioteca"

Unha vez dentro da web da biblioteca de Esgos poderemos buscar libros por título, autor, materia... E tamén reservar libros, deixar a nosa opinión sobre os libros que lemos, etc.


Aínda nos faltan libros por catalogar, pero xa te podes achegar ata a biblioteca e ver o material que temos á vosa disposición:
  • Infantil: libros de contos, aventuras, natureza, animais, comics...
  • Adultos: novelas, historia, cociña, medicina, arte, cine, galicia...
Anímate a ler!!!

martes, 19 de enero de 2010

Curso de risoterapia


“OS BENEFICIOS DA RISA PARA A SAÚDE”

CURSO RISOTERAPIA

(unha terapia para mellorar a saúde)


DATA DE COMENZO:
Sábado 20 de FEBREIRO
HORARIO: Sábados 17:30 as 19:00 Horas.
LUGAR: Local Social (Centro de Saúde) Esgos.

  • Con este curso conseguirás mellorar aspectos físicos e psicológicos
  • Exercitarás máis de 400 músculos, tanto do estómago como da cara
  • Oxixenarás os pulmóns
  • Rexuvenecerás os músculos da cara
  • Eliminarás o estrés
  • Aliviarás problemas depresivos
  • Aprenderás a exteriorizar as túas emocións

Si estás interesada VEN Xa sabes, non te quedes parada, ¡Participa! (exclusivamente para socias da Asociación de Mulleres “Os Picotiños”)

jueves, 7 de enero de 2010

Os Reis Magos visitaron ós rapaces de Esgos

O martes pola mañá, víspera do dia de Reis, as suas maxestades os Reis Magos de Oriente visitaron ós nenos do concello.

Deixaron os camellos nunha cuadra próxima e un empregado do concello foi a recoller a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegalos ata a praza da Souteria, onde os agardaban os nenos.


Repartiron ó chegar caramelos, piruletas, globos, etc

Tamén entregaron os premios do "X Concurso de postais" e unhos agasallos a todos os nenos presentes: puzles dos Bolechas no Mosteiro de San Pedro de Rocas. Estes puzles ainda nos sairon ó mercado, pero os nenos de Esgos xa poden disfrutar deles en primicia.