martes, 9 de noviembre de 2010

Semana da ciencia

A Semana da Ciencia é un evento de carácter europeo que se celebra anualmente para achegar a ciencia e a tecnoloxía á sociedade. Durante os días de celebración, todo tipo de entidades públicas e privadas están chamadas a abrir as súas portas e organizar actividades coas que se pretende amosar aos cidadáns, dun xeito ameno e accesible, como a ciencia e a tecnoloxía están presentes na vida cotiá.

Queremos animarvos a participar nesta celebración asistindo ás actividades gratuitas organizadas por toda a xeografía galega. En Ourense:

  • Diverciencia Granxas Dixitais
TIPO ACTIVIDADE: Obradoiro
DIRIXIDO A: Estudantes de Primaria
POBLACION: Lobios
DATAS: 12/11/10
HORARIO: De 10 a 17.30h
  • Consumir con ciencia, comer con conciencia
TIPO ACTIVIDADE: Xornada de portas abertas ou visita guiada
DIRIXIDO A: Estudantes de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
POBLACION: San Cibrao das Viñas
DATAS: do 15/11/10 ao 19/11/10
HORARIO: De 9:45h. a 13:30h.
  • Exper-i-ciencia
TIPO ACTIVIDADE: Conferencia
DIRIXIDO A: Estudantes de Primaria
POBLACION: Entrimo
DATAS: 15/11/10
HORARIO: Por determinar
  • Ourense investiga
TIPO ACTIVIDADE: Obradoiro
DIRIXIDO A: Público xeral
LUGAR: Cidade de Ourense
DATAS: do 21/11/10 ao 22/11/10
HORARIO: 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.

Máis información na web www.divulgacion360.org

No hay comentarios: