jueves, 29 de julio de 2010

Elaborando un herbario

Nestes días os máis pequenos estiveron a elaborar na biblioteca un herbario.

Comezamos recollendo as follas e secándoas prensándoas con papel de periódico.




O seguinte paso foi elaborar a portada e as distintas páxinas usando materiais reciclados.

Despois, pegamos as follas no herbario e con rotulador escribimos o nome das distintas follas de árbores e prantas.

Para finalizar, atamos todas as páxinas cun bonito lazo.


No hay comentarios: