miércoles, 5 de mayo de 2010

IV carreira de montaña e IV andaina popular


O día 6 de Xuño terá lugar a IV Carreira de montaña Subida Rocas - O Eirado e a IV Andaina popular Concello de Esgos.

A andaina (21 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 09,30 horas e rematará no mesmo lugar.

A carreira (13 km) sairá da Praza da Souteira en Esgos ás 10,30 horas e rematará no alto de O Eirado, onde se porán autobuses para baixar ata Esgos. Este ano, como novidade, o corredor que mellore o tempo do gañador do ano pasado 1h:00':13" recibirá un premio de 500 euros.

O percorrido das probas pode consultarse en google earth eiquí

A inscripción ten un custe de 5 euros e da dereito a unha camiseta de regalo, á comida que se servirá ó rematar as probas e a participar nos sorteos de: sorteos de noites de hotel, cea de degustación, circuito SPA, bonos para canxear en tendas de deportes, packs de licores...

Data límite inscrición: 2 de Xuño

Toda a información e as bases poden consultarse en www.concelloesgos.com e descargar o programa eiquí

No hay comentarios: