A finais deste mes de novembro, ainda falta por fixar a data, celebrarase un seminario sobre a importancia das tecnoloxías da información e a comunicación nas empresas.
Trátase de explicarlle aos pequenos empresarios ou traballadores a aplicación real que poden ter as novas tecnoloxías no seu negocio, o beneficio que isto pode supor, e introducilos a cómo facelo.
O seminario ten unha duración de 5 horas, distribuidas en dous dias. Ó finalizar entregarase un diploma oficial acreditativo.
Os interesados deberán anotarse no concello ou no telecentro, xa que é necesario cubrir un mínimo de prazas.
Obxectivos do seminario:
- Sensibilizar da importancia do emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación.
- Achegar ao ámbito rural as oportunidades que tódolos negocios poden ter nas TIC.
- Promover a minimización de brecha dixital nos negocios galegos.
- Dar a coñecer vantaxes que aportan o uso das TIC en materia de abaratamento de custos, fronte a situación actual de crise económica.
Desenrolará as seguintes epígrafes:
- Diagnose da situación actual dos sistemas de información e comunicación nos negocios.
- Análise da localidade de impartición en relación ás TIC.
- Diagnose da pequena empresa fronte as novas tecnoloxías.
- Identificación de oportunidades, necesidades e alternativas.
- Tecnoloxías TIC sen custe nas organizacións.
- Comercio electrónico.
- Marketing virtual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario