lunes, 9 de febrero de 2009

Programa do Entroido 2009

O domingo 22 de febreiro pola mañá os felos recorreran os pobos do concello e pola tarde, ás 17.00 horas empezará o concurso de disfraces na praza da Souteira (Esgos).

PERCORRIDO DOS FELOS E MADAMAS

Entre as 9 e as 9.30 concentráranse os felos e madamas na Praza do Afiador (Esgos) e sairan en autobús cara Vilar. A continuación irán a Lobaces, Gomariz, Loña, Cernada, Quinta, Melón Alto, Melón Baixo, As Meiroás, A Touza, Fondo de Vila e Casanova.

Ás 17.00 horas participarán no desfile de carrozas e disfraces en Esgos.

Despois do desfile acudirán a: Lama, Pardeconde, Paradela e Alto do Couso (ás 21.00 horas aproximadamente).

DESFILE E CONCURSO DE DISFRACES

Ás 17.00 horas celebrarase na Praza da Souteira (Esgos) o desfile de disfraces e carrozas, acompañados polos felos e as madamas e unha charanga.

Haberá regalos para os nenos disfrazados e merenda para todos os asistentes.

Os participantes no concurso de carrozas e grupos numerosos deben anotarse no concello antes do 20 de febreiro.

Premios do concurso:

  • Mellor traxe de felo: 50 €
  • Mellor individual: 40 €
  • Mellor grupo reducido (ata 8): 60€ + chourizos

Premio especial carrozas e grupos numerosos:

  • 1º clasificado: 100€ + xamón
  • 2º clasificado: 100€ + cachucha
  • 3º clasificado: 80€ + lacón
  • 4º clasificado: 60€ + 2 codillos

No hay comentarios: