martes, 28 de octubre de 2008

Curso de fotografia

A "AAVV Rocas" está a preparar un curso de fotografía ó que poden asistir os socios que o desexen.

O curso ten unha duración de 8 horas que se repartirán en 4 sábados entre novembro e decembro.

Comezo das clases: 8 de novembro
Lugar: Local social de Esgos
Horario: 16:00 - 18:00 h.
Custe: 5 euros

Todos os interesados en participar poden anotarse falando con Susana ou ben, no telecentro.

domingo, 26 de octubre de 2008

Curso de costura

A "AAVV Rocas" propuxo ós veciños de Esgos un curso distinto ós que se viñan facendo ata agora: "iniciación á costura". O taller vaise realizar os sábados de 19:00 a 20:00 horas e asistirán unha dúcia de veciñas.

O primeiro dia, a maioría decantouse por subirlle os baixos a pantalóns, ainda que duas atrevidas empezaron unhas cortinas e unha almofada.

O ambiente é moi agradable e Loli, a monitora, fai que todo sea moi fácil.

martes, 21 de octubre de 2008

Programa Athenea

Volve o Programa Athenea, unha iniciativa conxunta de Universia (http://www.universia.es/) e a CRUE (Conferencia de Rectores de Universidades Españolas).

A través do Programa Athenea os estudiantes universitarios, o personal administrativo e servizos (PAS) e o personal docente e investigador (PDI) poderán comprar ordenadores portátiles de última tecnoloxía a unhos prezos moi por debaixo do mercado. Un portátil para estudiar por 399 euros, para trabajar por 599 euros y de alto rendimiento por 749 euros.

Podes atopar toda a información en http://www.athenea.universia.es/ ou no telefono 902760051.

viernes, 17 de octubre de 2008

O Magosto 2008 está en marcha

O domingo 9 de novembro ás 13:00 horas celebrarase o magosto do concello na praza da Souteria, en Esgos.

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".

Xa se poden retirar as entradas nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa (nenos ata 12 anos gratis).

lunes, 13 de octubre de 2008

Cursos subvencionados para traballadores

Os cursos do Plan Avanza son cursos on-line de formación continua 100% subvencionados nos que poden participar traballadores de pymes e autónomos.





Estamos pensando en reunir no telecentro un grupo de persoas interesadas en facer o curso de Microsoft Office 2003 e así, poder facer o curso on-line todos xuntos.

Se che interesa participar no curso, que incluirá Word, Excel, Access, PowerPoint, comunicao no telecentro ou no concello.


jueves, 9 de octubre de 2008

Subvencións para a adquisición de ordenadores polos autónomos

A Consellería de Innovación e Industria convoca subvencións para a adquisición de ordenadores para os traballadores autónomos de Galicia, agás os comerciantes retallistas, que teñen axudas específicas.

Material subvencionable:
Ordenador persoal portátil ou de sobremesa configurado con software libre: sistema operativo LINUX, paquete ofimático OpenOffice e navegador de internet Mozilla Firefox.

Cuantía da subvención:
45% da base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario, ata un total de 350 euros.

Cal é o prazo de solicitude?
A partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, ate esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto.

Onde facer os trámites?
As subvencións tramitaranas os provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras. En Ourense: Discount Informatico S.L, Enbel Informatica S.L , Hita Torres Tridente 2007 S.L e Redegal S.L

Que documentación hai que presentar e onde?
Os interesados deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación:

a) Copia do DNI ou NIE.
b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude
c) Declaración do solicitante do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta.
d) No caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da nosa Comunidade Autónoma, deberá presentar un certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante.

Cando se concede a subvención?
Se o solicitante cumpre con todos os requisitos e o crédito de axudas non está esgotado, a concesión da subvención é inmediata.

Máis información na Conselleria de Innovación e Industria

miércoles, 8 de octubre de 2008

Actividades da AAVV Rocas para os vindeiros meses

A Asociación de Veciños Rocas propón dous novos talleres, para estes primeiros meses de outono:

Curso básico de inglés.

Os interesados teñen unha reunión o vindeiro sábado dia 18 ás 17:00 horas no local social de Esgos para determinar o inicio do curso e o horario das clases.



Taller de iniciación á costura.

No taller de costura que comezará nos vindeiras semanas, aprenderán a facer pequenos arreglos como: poñer botós, cremalleras, subirlle ós pantalóns...


Para máis información falar con Susana.

lunes, 6 de octubre de 2008

Excursion a Portugal

O sábado pasado a asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" levou a 30 veciñas de viaxe a Portugal.
Saimos ás 9.30 da mañá de Esgos, moi puntuales, para dirixirnos cara Vilanova da Cerveira. As seguintes paradas foron en Tarreirigo, O Pinto, A Derrasa e Ourense onde recollemos as mulleres que faltaban.
En Vilanova da Cerveira estaba un dia soleado, así que aproveitamos para facer unhas "compriñas" na feira.

Para repoñernos despois de tanto paseo diriximos a a comer a Ancora, onde como xa vos podedes imaxinar, o menú incluía bacalao.

Despois da comida visitamos a "Santa Luzia"

e algunhas subimos ó campanario (previo pago de 0,80 euros) para contemplar as vistas:


Por último, unha visita a zona vella de Viana do Castelo e de volta para a casa.
Un dia moi completiño...

¡ Hai que repetir pronto!

sábado, 4 de octubre de 2008

Escola de gaita

O vindeiro 11 de outubro comezará un novo curso de clases de gaita, percusión e pandereta da Escola de Gaita do Concello de Esgos. Estas clases son gratuitas e impartiranse no local social de O Pinto os sábados a partir das 15.30 horas.

Para inscripcións e máis información chamar ó 988290040 (Angeles) ou falar cos profesores (Bea ou Manolito)

jueves, 2 de octubre de 2008

Taller de exercitación da memoria

Despois do éxito que tivo o taller de exercitación da memoria no curso 2007-2008, esta semana comezará outra vez.
Seguirase repartindo polo concello da seguinte maneira:

PARDECONDE/QUINTA DO MONTE.
Dia: luns.
Hora: 16:00 horas.
Lugar: alternando cada semana nun local social.

ESGOS.
Dia: luns.
Hora: 18:00 horas.
Lugar: Local social

GOMARIZ/LOBACES.
Dia: xoves.
Hora: 16:00 horas
Lugar: alternando cada semana nun local social.

O PINTO
Tódolos xoves
Hora: 18:00 horas
Lugar: Local social

A novidade para este curso 2008-2009 é que a frecuencia das sesións é semanal.