A Consellería de Innovación e Industria convoca subvencións para a adquisición de ordenadores para os traballadores autónomos de Galicia, agás os comerciantes retallistas, que teñen axudas específicas.
Material subvencionable:
Ordenador persoal portátil ou de sobremesa configurado con software libre: sistema operativo LINUX, paquete ofimático OpenOffice e navegador de internet Mozilla Firefox.
Cuantía da subvención:
45% da base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario, ata un total de 350 euros.
Cal é o prazo de solicitude?
A partir do 9 de outubro de 2008 e durante o ano 2009, ate esgotar o crédito total consignado pola Consellería de Innovación e Industria para este proxecto.
Onde facer os trámites?
As subvencións tramitaranas os provedores de equipamento informático que solicitaron ser entidades colaboradoras. En Ourense: Discount Informatico S.L, Enbel Informatica S.L , Hita Torres Tridente 2007 S.L e Redegal S.L
Que documentación hai que presentar e onde?
Os interesados deberán presentar na propia entidade colaboradora a seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE.
b) Copia de documento de pago mensual á Seguridade Social do mes anterior á solicitude
c) Declaración do solicitante do epígrafe do IAE e localidade da Comunidade Autónoma de Galicia na que se atopa dado de alta.
d) No caso de que o DNI ou NIE non acredite o domicilio dentro da nosa Comunidade Autónoma, deberá presentar un certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria no que figure o domicilio fiscal do solicitante.
Cando se concede a subvención?
Se o solicitante cumpre con todos os requisitos e o crédito de axudas non está esgotado, a concesión da subvención é inmediata.
Máis información na Conselleria de Innovación e Industria
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
jueves, 9 de octubre de 2008
Subvencións para a adquisición de ordenadores polos autónomos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario