Todas as fotos están expostas no telecentro e ó longo da semana publicaránse tamén na web do concello http://www.concelloesgos.com/.
Este ano hai fotos moi orixinais e tocáronse temas como:
- Actividades deportivas: II andaina popular do concello, clases de aerobic en Vilar, tiro ó prato, xogos dos nenos e natación
- Feiras e festas: feira do Pinto, comida da Santa Bárbara, verbena do luns coa orquesta "La Oca", teatro e o concurso de debuxo infantil
- Productos da horta: un girasol xigante e un tomate con forma de caracol
- Infraestructuras: a cabaña de madeira que están a construir os rapaces nunha arbore, a chegada da fibra optica para o ADSL e a instalación dun novo poste da luz que sustituirá o que está ó carón do bar "O Lugar" (quen máis e quen menos xa rascou o coche contra el)
- Meteoroloxía: a granizada que caiu o ultimo sabado de agosto
- Novas de interese: a lectura dos contadores da auga
Haberá que agardar a ver que decide o xurado. De todos modos podedes ir deixando as vosas opinións ¿cal credes que debería gañar e por que?
5 comentarios:
creo que a fotografía da cabaña que estan a facer as novas xuventudes de Esgos debería ter premio por distintos motivos:
a orixinalidade da foto,
a xenial idea dos rapaces de adicar o seu tempo de ocio a unha actividade tan educativa que deixa nun segundo plano a "play", e porque esa cabaña representa un tema de actualidade.
CREO QUE EL COMENTARIO ANTERIOR ES MUY ACERTADO Y MUY INSTRUCTIVO, NO HAY QUE OLVIDAR QUE A TRAVES DE UNA FOTO SE REFELEHJA UNA REALIDAD CASI INEXISTENTE, QUE TODAVIA HAY NIÑOS MUY CREATIVOS Y TRABAJADORES. YO TAMBIEN APOYO LA FOTO DE LA CABAÑA
o gato co boleto do premio na feira agroambiental do pinto por que o gato e un valiente e vai comer unhos chourizos de agarrate que ai curvas
opino que deberia ganar la foto cos nosos amigos de la oca porque esa noche se pasa genial es la noche que mejor se pasa en las fiestas de esgos que la oca siga viniendo otros 14 años mas
creo que debe gañar o gato co boleto do premio do porquiño porque as outras fotos son boas pero a do gato e moi simpatica como un rapaz da sua idade recibe o relliño e como o festexaria
Publicar un comentario