lunes, 11 de agosto de 2008

X Feira agro ambiental do Pinto

O pasado sábado celebrouse a décima edición da Feira agro ambiental de O Pinto.
Este ano había moitos e variados postos: unha "minigranxa" con ovellas, porcos celtas, cabalos e galos, un posto de prantas, outro de adornos para xardíns, de roupa, tractores, un taxidermista, o de camisetas para a festa do San Vitores, unha exposición de materiais de construcción do principios do século pasado, etc.

Como xa é habitual os veciños dos pobos fixeron cestas coas verduras das súas hortas e como este ano non hai moita cousa, algunhos fixeron "trampa" e adornaron as suas ata con pementos roxos.

Ás 12.30, despois de que actuara a banda de gaitas do concello, comezou a comida, cunha degustación de callos. Para os que quedaron a comer había pulpo e churrasco.


Feira Pinto
View SlideShare presentation

4 comentarios:

Anónimo dijo...

QUE BONITAS FOTOS !!!!!!!!!1

Anónimo dijo...

hola estuve en la feria del pinto y estuvo bien aunque encuentro este evento falto de "puestitos" aunque tambien es cierto que no hay demasiado sitio pero ¿habies pensado en ampliar la zona de feria al otro lado de la carretera en la explanada y por los laterarles de la carretera que llevan al Bar cortes.Ah y los puestitos de ropa, calzado y bolsos. Soy Mujer. es obvio

Anónimo dijo...

vendedes o que agarra o cabalo?, jajajaja

Anónimo dijo...

Xa está vendido, jajaja