Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
viernes, 22 de agosto de 2008
Festa do emigrante 2008
Como ven sendo costume o pan e a bebida corrían por conta do concello e os comensales tiñan que pagar o pulpo.
Coincidindo coa festa do emigrante tamén se celebrou a terceira edición da festa do arroz con leite, na que se repartiron 800 racións deste doce.
lunes, 18 de agosto de 2008
Festas de Esgos: San Vitores 2008

Xa estamos na semana das festas de Esgos na honra de San Vitores, así que hai que ir collendo forzas...
Para que vaiades mirando o que máis vos interesa eiquí vos deixo o programa das festas.
Xoves 21
20:00 Festa do Emigrante
Actuación da charanga "Amigos da Banda de Música de Celanova"
Actuación da Escola de Samba "Zumbón"
3ª Festa do arroz con leite
Venres 22
11:30 a 13:30 Concurso de debuxo infantil
17:30 Xogos Infantís Galiocio
00:30 Festival de Música e Festa do Licor Café
Sábado 23
10:00 Pasarrúas amenizado polo grupo de gaitas "San Lorenzo"
12:00 Yinkana ciclista na Souteira
18:00 Campionato local de natación (25, 50, 100 m)
20:00 Actuación infantil Laxas de Seixo
00:30 Gran verbena amenizada pola orquestra "Jocker"
Domingo 24
10:00 Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello de Esgos
12:00 Procesión e Misa Solemne cantada por unha Coral Polifónica
18:00 Partido de futbol solteiros-casados no Campo de Rocas
20:00 Actuación infantil
21:30 Festa e verbena a cargo da orquestra "Nova Palma"
Luns 25
10:00 Pasarrúas amenizado polo grupo de gaitas "Airiños de Caldelas"
18:00 Actuación infantil do grupo "Pirinoliñas"
20:00 "GUERRA" do pastel coa colaboración da "Confiteria Milhojas" na zona da Fonte de Saa
21:15 Festa e verbena amenizada pola orquestra "La Oca" (un ano máis)
03:00 Chocolatada e bica de Panadería Agustín por xentileza da Comisión 08
Martes 26
12:00 Procesión e Misa Solemne na Honra de San Vitores coa actuación da Banda de Música de Celanova
¡¡ BOAS FESTAS A TODOS !!
martes, 12 de agosto de 2008
III Concurso de Fotografia do Portal de Telecentros
O tema da fotografía buscará sensibilizar sobre a importancia da auga e o seu consumo responsable como elemento imprescindible para a vida.
Poden participar todos os usuarios de Telecentros enviando un máximo de tres fotografías ata o 30 de setembro a sugerencias_telecentros@red.es co asunto "Concurso de fotografía" e os datos de contacto. Os premios para os gañadores son: unha cámara de fotos digital, unha consola PSP de Sony e un reproductor MP3.
Toda a información pódese atopar eiquí
lunes, 11 de agosto de 2008
X Feira agro ambiental do Pinto
Como xa é habitual os veciños dos pobos fixeron cestas coas verduras das súas hortas e como este ano non hai moita cousa, algunhos fixeron "trampa" e adornaron as suas ata con pementos roxos.
Ás 12.30, despois de que actuara a banda de gaitas do concello, comezou a comida, cunha degustación de callos. Para os que quedaron a comer había pulpo e churrasco.
viernes, 8 de agosto de 2008
Aerobic
En Vilar acordaron a pagarse eles mesmos, fora da asociación, unhas clases de aerobic. Ó redor de 30 persoas acuden a clase os martes e xoves de 21.00 a 22.00 horas, a maioría mulleres, de todas as idades.
Así da gusto... que éxito de participación!
En Esgos, as clases de aerobic son os luns e mércores de 20.00 a 21.00 horas e ainda que son gratis acude menos xente ca en Vilar.
sábado, 2 de agosto de 2008
Cea fin de curso
Para celebralo organizamos unha cea este venres na casa de Paco, un dos alumnos, porque os diplomas ainda se van a retrasar un pouco. Aínda que non puideron asistir todos os alumnos eramos un grupiño xeitoso. Os encargados da parrilla foron Paco, Antón e Jorge; e hai que decir que a carne estaba no punto.
Do postre encargáronse Teresa e Natalia, que fixeron flan e chulas.
Estaba todo boísimo.
Despois da cea, algunhos quixeron seguir a festa un pouco máis e achegáronse ata as festas de Pardeconde.