miércoles, 25 de noviembre de 2020

#25N: Día internacional contra a violencia de xénero



Dende o Concello de Esgos manifestamos o noso rexeitamento ante todo tipo de violencia, e de xeito específico, o noso compromiso coa erradicación da violencia exercida contra as mulleres.

Os establecementos do noso concello únense a nós para visibilizar a pandemia da violencia machista lucindo MASCARAS VIOLETAS.


lunes, 16 de noviembre de 2020

Máscaras gratuitas para familias con rentas baixas

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade distribuirá máscaras gratuitas entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da consellería de Cultura e en centros privados concertados.

  • Beneficiarios:

- O alumnado que xa fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.

- O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

  • Prazo:

Do 16 ao 27 de novembro

  • Solicitudes: 

Nos centros educativos

A información completa pode consultarse no DOG 

viernes, 13 de noviembre de 2020

Préstamo de ordenadores a escolares



O concello de Esgos pon en marcha un novo servizo de préstamo de ordenadores dirixido a nenos e nenas que non dispoñan de ordenador, e que por enfermidade ou confinamento por covid o precisen para seguir a súa formación académica dende os seus fogares.

Este servizo englóbase proxecto "Material tecnolóxico nas escolas rurais de Adercou"

Ademais tamén seguiremos ofrecendo dende a biblioteca o servizo de impresión de tarefas escolares.


miércoles, 4 de noviembre de 2020

Como buscar no catálogo online da biblioteca?

Buscar un exemplar no catálodo da biblioteca é moi sinxelo. A continuación detallamos como buscar en só 3 pasos: 

1. Entrar en: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

2. Podemos buscar por autor, título, palabra clave... elixindo no despregable a opción que queiramos. 

No recadro que indica "escriba o termo de busca" escribimos o que estamos a buscar e no recadro que indica "comece a escribir o nome da biblioteca" escribimos "Esgos" e eliximos a biblioteca de Esgos (Se non indicamos a biblioteca, buscará en todas as bibliotecas da rede).




Por exemplo, supoñamos que queremos buscar un libro sobre plantas medicinais na biblioteca de Esgos:






3. Prememos en buscar e aparecerá un listado cos libros dispoñibles:


Y si no encuentras lo que buscas, no dudes en preguntarnos

lunes, 2 de noviembre de 2020

Samaín na biblioteca

Para celebrar o Samaín decoramos un pouco a biblioteca.



E o 31 pola tarde/noite a "Santa Compaña" repartíu pequenos agasallos doces aos nenos e nenas que adornaron as súas casas.