Novembro está a ser o mes do puzzle na biblioteca. Comezamos facendo pequenos puzzles de Os Bolechas, de animais, etc, pero agora xa nos atrevemos con algunhos de 400 pezas.
Actividades do telecentro - biblioteca, concello, e dende as distintas asociacións de Esgos (Ourense)
jueves, 27 de noviembre de 2014
Mes do puzzle
Novembro está a ser o mes do puzzle na biblioteca. Comezamos facendo pequenos puzzles de Os Bolechas, de animais, etc, pero agora xa nos atrevemos con algunhos de 400 pezas.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
Presentación da monografía "Petróglifos inéditos da comarca de Ourense e Allariz-Maceda"
O venres 5 de decembro ás 20:30 horas presentarase no Centro Cultural "Parada Justel" en Esgos, a monografía Nº2 da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega): Petróglifos inéditos das comarcas de Ourense e Allariz-Maceda, de José Antonio Gavilanes.
Intervirán José Antonio Gavilanes, autor do libro e Miguel Losada, secretario da SAGA.
Esta monografía, na que aparecen petróglifos de Esgos pódese consultar xa na biblioteca.
martes, 25 de noviembre de 2014
25 de novembro: Dia Internacional contra a violencia de xénero
O presentador Xose Ramón Gayoso e o humorista David Amor poñen rostro á campaña da Xunta contra a violencia de xénero
lunes, 24 de noviembre de 2014
Excursión á comarca do Ribeiro
Veciños e veciñas de Esgos desfrutaron onte dunha excursión pola comarca do Ribeiro organizada polo Inorde, dentro do programa "Coñece a provincia de Ourense".
Visitaron:
- O Parque arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las
- A bodega Casal de Armán
- Ribadavia
- Museo do traxe e o Museo Estanislao Reverter na estación de Santa Cruz de Arrabaldo
miércoles, 19 de noviembre de 2014
Libros de Geronimo Stilton
Ampliamos o catálogo da biblioteca coa compra dun pequeno lote de libros de Geronimo Stilton, que seguro serán do agrado dos pequenos lectores.
lunes, 17 de noviembre de 2014
Compostaxe doméstica
Sogama continúa o seu programa de compostaxe doméstica entre outros, no concello de Esgos.
A compostaxe doméstica non é outra cousa que a reciclaxe dos restos orgáncicos do fogar, converténdoos nun abono natural que o propio produtor pode utilizar na súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.
Os veciños interesados en participar no programa deberán solicitalo nas oficinas municipais e se cumpren os requisitos esixidos por Sogama e se comprometen co programa, recibirán un compostador.
Dispoñemos de unidades limitadas de compostadores, así que se asignarán ós veciños por orde de solicitude.
Máis información en: http://www.sogama.es/gl/campanha/programa-de-compostaxe-domestica
sábado, 15 de noviembre de 2014
Fotos do taller de defensa pesonal
A asociación de mulleres "Os Picotiños" impartíu hoxe un curso de defensa persoal moi interesante.

Aprenderon sobre autoestima, evitar os conflictos, evitar os perigos e a defenderse dun posible ataque.










Aprenderon sobre autoestima, evitar os conflictos, evitar os perigos e a defenderse dun posible ataque.
lunes, 10 de noviembre de 2014
Próximas actividades da asociación de mulleres rurais "Os Picotiños"
- Curso de bailes de salón
- Curso de movemento consciente - Taichi
- Taller de tecido con tear (I)
- Cea do dia da muller traballadora
- Excursión ás illas Cíes (non realizado por falta de asistencia)
E faltan por realizar:
- Xornada de defensa persoal (sábado 15 de novembro)
- Xornada sobre hábitos nutricionais (sábado 29 de novembro)
- Taller de tecido con tear (II) (sábado 13 de decembro)
Estas actividades son exclusivas para socias. Xa sabes, faite socia e participa!
viernes, 7 de noviembre de 2014
Excursión á comarca do Ribeiro
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, promove o proxecto "Coñece a provincia de Ourense", para a dinamización turística da provincia. Dentro deste proxecto, organízanse excursións a distintos xeodestinos da provincia, no noso caso, visitaremos a comarca do Ribeiro - Carballiño.
Inscricións ata o xoves 20 de novembro nas oficinas municipais. Reservaránse as prazas por orde de inscrición.
- Data: domingo 23 de novembro
- Horario: saída ás 10 horas de Esgos e regreso ás 19 horas
- Inclúe: autocar, guía e degustación de productos da zona
- Prezo: gratuito
Inscricións ata o xoves 20 de novembro nas oficinas municipais. Reservaránse as prazas por orde de inscrición.
jueves, 6 de noviembre de 2014
Obradoiro de autodefensa
- Data: sábado 15 de novembro
- Horario: de 17:00 a 19:00 horas
- Lugar: Centro Cultural Parada Justel, en Esgos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)