viernes, 19 de octubre de 2012

MiAVIZOR: Teleprevención sociosanitaria

MiAVIZOR es un servicio integral para personas que viven solas, preventivo, seguro y eficaz. 

MiAVIZOR es un sistema inteligente compuesto por unos sensores inalámbricos instalados en el hogar, que analiza de forma autónoma y automática la rutina de la vida diaria de una persona, llegando a establecer perfiles y hábitos de vida que pasa a ser la clave del seguimiento y monitorización de la persona mayor en el hogar. 
La base de comunicaciones procesa, analiza y comprueba dicha rutina, de modo que si detecta algún problema genera de forma automática una alerta o alarma, según el caso.

Se puede consultar toda la información en: http://miavizor.es/documents/miavizor.pdf

miércoles, 17 de octubre de 2012

Rallye Ribeira Sacra 2012

O 27 e 28 de outubro disputarase o I Rallye Ribeira Sacra valedeiro para o Campionato Galego de Rallyes e un dos seus tramos discurre polo noso concello:

O treito "Covas-Esgos" de 11,1 km terá lugar ás 15:58 horas e unha segunda etapa ás 18:59 horas.

Toda a información pode consultarse en http://www.escuderialuintra.es/

martes, 16 de octubre de 2012

Magosto 2012

O domingo 11 de novembro celebrarase o magosto do concello na praza da Souteira, en Esgos a a partir das 13.00 horas. 

A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica, contará coa actuación dun grupo musical.

As entradas poñeranse á venda nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 7 euros por persoa. 



  • Día: Domingo, 11 de novembro
  • Hora: 13.00 horas
  • Lugar: Praza da Souteira, en Esgos

martes, 9 de octubre de 2012

Deporte para maiores: cachibol

Os maiores de 55 anos do concello poderán practicar deporte asistindo a clase de cachibol e ioga de risa.
  • Lugar: Local social de O Pinto 
  • Data e hora: os martes de 16:15 a 17:45 horas. 
O cachibol é un deporte no que se favorece a mobilidade articular de todo o corpo, a coordinación corporal, a axilidade, etc. O ioga de risa é un exercicio no que se combina a risa coa respiración yóguica.

Máis información sobre este deporte en http://www.xogaventura.com/cachibol/ e máis información sobre esta actividade no concello ou na biblioteca.

viernes, 5 de octubre de 2012

Clases de gaita e pandeireta

A escola de gaita e percusión comeza un novo curso. Os interesados en aprender ou mellorar os seus coñecementos de gaita, pandeireta, etc poderán participar nesta nova edición.

As clases impártense no local de O Pinto os sábados ás 15.30 horas.

jueves, 4 de octubre de 2012

Clases de informática para nenos

Este mes comezamos un taller de iniciación á informática para nenos que se impartirá os martes e xoves de 19:15 a 20:00 horas na biblioteca municipal.

Co fin de evitar desprazamentos, unha vez que os nenos asisten ás clases de reforzo que está a impartir o concello, aproveitamos a ocasión e tamén participan no taller de informática.

martes, 2 de octubre de 2012

Clases de reforzo

Os nenos de Educación Primaria deste concello poderán asistir dende hoxe a clases de reforzo que se impartirán os martes e os xoves de 17.30 a 19.30 horas. Co fin de aproveitar o tempo o máximo posible, organizaránse en dous grupos de unha hora cada un.

As clases prolongaránse durante todo o curso escolar.