
O magosto 2011 do concello de Esgos celebrarase o vindeiro domingo 6 de novembro.
A comida a base de castañas, empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos e bica estará amenizada polos gaiteiros "Airiños de Caldelas".
As entradas poderán comprarse nas oficinas do concello, nas asociacións de veciños, nos bares e tendas a un prezo de 6 euros por persoa.
- Día: Domingo, 6 de novembro
- Hora: 13.00 horas
- Lugar: Praza da Souteira, en Esgos