
Un ano máis comeza unha nova edición do programa "OURENSE LÚDICO" no noso concello.
Este programa, destinado a nenos de 3 a 14 anos busca lograr na infancia metas e obxectivos de carácter educativo e cultural por medio de: xogos tradicionais, obradoiros variados, pintura, reciclaxe, globoflexia, etc.
Os nenos poderán disfrutar das actividades do "Ourense lúdico" os luns de 11 a 13 horas.
- 4, 11 e 18 de xullo e 1 de agosto na praza da Souteira en Esgos
- 8, 22 e 29 de agosto e 5 de setembro no local social de Vilar