lunes, 29 de septiembre de 2008

Aniversario do blog

¡Estamos de bloganiversario!

Fai hoxe un ano comezamos a escribir este blog para dar a coñecer as actividades que realizamos no telecentro e publicar fotos dos cursos de iniciación á informática e internet.


Ó pouco tempo, démonos conta de que tamén sería interensate publicar fotos e información dos cursos e talleres que levan a cabo as asociacións e o concello, e así o fixemos.
Aproveito para dicirvos é moi gratificante ver como o número de visitantes aumenta,pero sen dúbida, o mellor e ler os vosos comentarios, así que non deixedes de dar a vosa opinión.

Moitas gracias a todos!!!

sábado, 27 de septiembre de 2008

Póximamente excursión a Portugal

A asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" organiza para tódalas socias unha viaxe a Portugal.
  • Día: sábado, 4 de outubro
  • Hora de saída: 9:30 h.
  • Prezo: 15 € (viaxe + comida)
  • Límite prazo inscripción: 2 de outubro
  • Inscripcións: 988290040 (Ángeles) ou falar con Noemí.

viernes, 26 de septiembre de 2008

Educamóbil en Vilar

O vehículo "EDUCAMOBIL" volverá a visitar o concello de Esgos a vindeira semana. Todos os rapaces, entre 4 e 11 anos, que o desexen poderanse achegar e disfrutar dun intre de lecer e de xogos informáticos totalmente gratis.
  • Dia: 3 de outubro
  • Hora: 16:30 a 20:00 horas
  • Lugar: Proximidades do local social de Vilar
O proxecto "EDUCAMOBIL" posto en marcha pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación SEUR é unha alternativa á ocupación do tempo de ocio e de lecer a través do xogo, a lectura, a música e as novas tecnoloxías. Todas estas actividades desenvólvense dentro dun vehículo equipado con ordenadores, música, xogos supervisado por persoal cualificado.

miércoles, 24 de septiembre de 2008

Novos cursos de informática

Os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas temos clases de informática de repaso ás que asisten un grupo de alumnos que xa participaron fai unhos meses no curso de iniciación á informática.

Despois, de 20:30 a 21:30 horas temos un novo grupo de alfabetización informática no que participan homes e mulleres por igual, e no que aprenderán a manexar o procesador de textos e a navegar por internet.

Os dous cursos teñen unha duración aproximada de dous meses.

lunes, 22 de septiembre de 2008

Gañadores do concurso fotografico

O pasado venres pola tarde, os concelleiros reunidos para un pleno decidiron que as fotos gañadoras sean:

Primeiro premio: Camara fotográfica


Quen gaña?
Dende 1999, o luns das festas de Esgos pola tarde, podes acabar así si das un paseo pola praza onde se celebra a "guerra do pastel".

Segundo premio: iPod

Os da árbore

Este verán, algunhos rapaces dedicáronse a construir unha cabaña de madeira no alto dunha árbore no barrio de Pazos.

Terceiro premio: pen drive



Aerobic en Vilar
Despois das clases de baile que houbo na primavera, as veciñas de Vilar decidiron seguir facendo deporte no verán e organizaron unhas clases de aerobic.

Cuarto premio: pen drive


As nosas festas
A verbena do luns en Esgos é a mellor das festas, pola cantidade de xente, polo ambiente, ...

sábado, 20 de septiembre de 2008

Entrega de diplomas de primeiros auxilios

Hoxe ás 11:30 horas a presidenta da AAVV Rocas entregou os diplomas os alumnos do curso de primeiros auxilios que se impartiu de febreiro a maio deste ano.


Por distintos motivos, algunos alumnos non puideron asistir a recoller o seu diploma.


Noraboa a todos !

miércoles, 17 de septiembre de 2008

Casas en venta en Esgos

O concello de Esgos puxo en marcha fai unhos meses a segunda edición do "PROGRAMA VIVENDA", que consiste na elaboración dun catálogo de casas en venta e alugueiro do municipio, co fin de promocionalas a través da páxina web do Concello e poñelo a disposión de tóda-las persoas que queren comprar unha casa no concello.


O catálogo das casas en venta pódese consultar en http://www.concelloesgos.com/ no enlace "Casas en venta".
Se tes unha casa á venta e queres que apareza o anuncio na web, só tes que cominicalo no concello.

viernes, 12 de septiembre de 2008

Horario de outono do telecentro

Agora que para a maioría xa remataron as vacacións, o telecentro cambia o seu horario a partir da semana que ven, para adaptarse as necesidades dos usuarios.
O horario que propomos é o seguinte:

Se este horario non che vai ben fainolo saber, porque se varias persoas solicitan o mesmo horario intentaremos adaptalo á maioría.

martes, 9 de septiembre de 2008

Curso "Atención a persoas dependentes"

O dia 8 de setembro comezou no centro social de Esgos o curso de ATENCIÓN A PERSOAS DEPENDENTES de 200 horas de duración.


Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e o Servizo Galego de Igualdade (organismo adscrito á Secretaria Xeral de Igualdade e dependente da Vicepresidencia de Igualdade e de Benestar da Xunta de Galicia).


Ó curso asisten 18 mulleres de idades comprendidas entre os 19 e os 51 anos.

sábado, 6 de septiembre de 2008

Concurso fotográfico "Verán Esgos 2008"

O prazo para entregar fotos para o concurso fotográfico xa rematou.

Todas as fotos están expostas no telecentro e ó longo da semana publicaránse tamén na web do concello http://www.concelloesgos.com/.
Este ano hai fotos moi orixinais e tocáronse temas como:

  • Actividades deportivas: II andaina popular do concello, clases de aerobic en Vilar, tiro ó prato, xogos dos nenos e natación
  • Feiras e festas: feira do Pinto, comida da Santa Bárbara, verbena do luns coa orquesta "La Oca", teatro e o concurso de debuxo infantil
  • Productos da horta: un girasol xigante e un tomate con forma de caracol
  • Infraestructuras: a cabaña de madeira que están a construir os rapaces nunha arbore, a chegada da fibra optica para o ADSL e a instalación dun novo poste da luz que sustituirá o que está ó carón do bar "O Lugar" (quen máis e quen menos xa rascou o coche contra el)
  • Meteoroloxía: a granizada que caiu o ultimo sabado de agosto
  • Novas de interese: a lectura dos contadores da auga

Haberá que agardar a ver que decide o xurado. De todos modos podedes ir deixando as vosas opinións ¿cal credes que debería gañar e por que?

jueves, 4 de septiembre de 2008

Mal tempo

O venres pasado algunhos pobos do concello (Vilar, O Pinto, Laioso, As Campinas, etc) sufriron unha forte tormenta acompañada de saraiva. Os granizos chegaron a ser do tamaño de ovos de galiña e algúns coma pelotas de tenis, que romperon tellas e parabrisas dos coches.

Pois parece ser que imos ter outra vez mal tempo. Para mañá venres as previsións anuncian vento forte (alerta amarela), sobre todo na primeira metade do dia. Asemade espérase que as precipitacións asociadas, poidan superar localmente os 40 litros m2 en 12 horas en calquera punto da comunidade autónoma.

Así que, precaución.