martes, 26 de febrero de 2008

Taller de manualidades

A Asociación de mulleres rurais "Os Picotiños" rematou o taller de arte floral que estaban a impartir os sábados pola tarde, no que as alumnas aprenderon a facer bonitos centros de flores, naturais e secas.



E para que non se aburran, acaban de empezar outro taller de manualidades (pintura, restauración, pintura en tellas, etc) os sábados pola tarde, que está a ter moito éxito.



lunes, 25 de febrero de 2008

Curso de primeiros auxilios

A "AAVV Rocas" organiza un curso de primeiros auxilios que están a impartir voluntarios da Cruz Vermella de Ourense os sábados pola mañá de 9 a 13 horas.
Este curso conta con 11 alumnos, algúns deles, membros de Protecion civil de Esgos.

miércoles, 20 de febrero de 2008

III Convocatoria de cursos de iniciación á informática

A semana pasada comezaron novos cursos de alfabetización informática ós que asisten 13 alumnos dous días a semana, distribuidos en dous grupos.
Nas clases, que se prolongaran ata primeiros do mes de abril, os alumnos aprenderan o manexo básico dun procesador de textos e a navegar por internet, busgar información e a manexar o correo electrónico.
Tivemos que esperar ata a terceira convocatoria de cursos para que o número de homes superara ó de mulleres, porque ata agora sempre viñan máis mulleres ca homes. E para que se animara a vir xente que vive noutros pobos do concello.

Os martes e xoves durante unha hora ó día veñen a clase 4 homes e 2 mulleres, de Soutelo, Rebordiños, Alto do Couso, A Touza, Porta do Sol e Esgos.

E os luns e mércores veñen 4 homes e 3 mulleres, con edades comprendidas entre os 23 e os 53 anos. Este grupo tamén conta con membros de varios pobos, como Vilar, Meiroas, A Lama, A Cabalgada e Esgos.

lunes, 18 de febrero de 2008

Publicidade dos cursos en Internet


O portal de telecentros que é a páxina de inicio de Internet en todos os telecentros de España publica esta semana a nova dos nosos cursos de alfabetización informática e fotos da última entrega de diplomas.

Co fin de dar a coñecer as actividades que se están a levar a cabo dende o telecentro publicouse unha nova na web do xornal "La Región" no apartado de "Noticias de los lectores" sobre os últimos cursos que se impartiron durante os meses de decembre e xaneiro de 2008.

Pódense ler as noticias facendo clic na imaxe.

miércoles, 13 de febrero de 2008

Entrega de diplomas

O martes o alcalde entregou os diplomas ós alumnos dos dous últimos cursos de alfabetización informática.


Na foto podedes ver a Alejo, que ós seus 81 anos se animou a participar.
Nunca é tarde para aprender.

martes, 12 de febrero de 2008

Dia europeo por unha Internet máis segura

O 12 de Febreiro celébrase o "Dia Europeo por unha Internet máis Segura". A páxina oficial é http://www.internetsegura2008.es/.

Dende o portal do menor http://www.portaldelmenor.es/ propóñense varios concursos con este tema que rematan o 18 de febreiro.
Un deles consiste en cubrir un cuestionario sobre as normas básicas en Internet, envialo por correo electrónico antes do día 18 para participar no sorteo dunha memoria USB de 2 GB.
Outro dos concursos propostos consiste en enviar un "micro" relato sobre internet. O premio será un Play Pack de Movistar con un Nokia 5070 co xogo de Sonic preinstalado.

Aproveitando esta situación, dedicaremos esta semana a participar nestas actividades e concursos, e a todos os menores de 18 anos que visiten o Telecentro entregaráselle un documento coas normas básicas de seguridade.

miércoles, 6 de febrero de 2008

Martes de Entroido

O martes de entroido, ás 5 da tarde houbo desfile de entroido con premios.

O primeiro premio levárono "Os Tarreirigos": O tratante de gando, as vacas e o boi, que era moi manso...



O segundo, levárono "Os agasallos":


O tercerio, foi para a "Galescola":




E o cuarto levárono os "Felos":
Nos próximos días publicaránse máis fotos na páxina do concello e no Telecentro hai moitas máis, así que só tendes que pasar por aquí e facer copias das que queirades.

lunes, 4 de febrero de 2008

Domingo de Entroido

O desfile e o concurso de disfraces do domingo tivo que cambiarse para o martes polo mal tempo, pero os felos e as madamas desafiaron á choiva e "pasearon" todo o día polos pobos do concello.


E non podían faltar as "madamas":