lunes, 16 de diciembre de 2019

Manualidades de Nadal

A semana pasada adicámola a elaborar adornos navideños a partir de difentes materiais e reutilizando adornos cedidos por algunhas veciñas.

  • Estrelas a partir de material de embalaxe




  • Bonecos de neve a partir de tacos de poliestireno





  • Coronas navideñas reutilizando cintas, bolas e piña






viernes, 13 de diciembre de 2019

Actividades do Nadal




  • XX CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS

As postais deberán entregarse nas oficinas municipais antes do 27 de decembro.
Non se recollerá ningunha postal despois desta data.


  • CONCERTO DE NADAL

Actuación da escola e Banda de Gaitas do Concello e das Pandereteiras de Rocas.
Domingo 22 de decembro ás 17:30h no Centro Cultural Parada Justel.


  • PAZOLANDIA

Xoves 26 de decembro
Imprescindible anotarse no Concello antes do 23.
Esta actividade é gratuita para os empadroados e ten un custe de 3€ para os non empadroados


  • VISITA DOS REIS MAGOS

O domingo 5 de xaneiro ás 12:00h no Centro Cultural Parada Justel os Reis Magos entregarán os premios do XX Concurso de Postais.

lunes, 9 de diciembre de 2019

Obradoiro de adornos de Nadal



Xa sabedes que na biblioteca gústanos reciclar, reutilizar e non malgastar e tamén sabedes que nos gustan moitooooo os nosos pobos, así que por iso se nos ocurríu facer este obrardoiro de adornos de Nadal.

1. Durante estes primeiros días da semana recolleremos adornos de Nadal que xa non usedes (bolas, cintas, estrelas, lazos, árbores...)
2. O xoves e o venres elaboraremos cos nenos novos adornos cos materiais recollidos.
3. Regalaremos os adornos.

Sirvan como exemplo estes dous adornos:
  • Boneco de neve feito con: 1 taco dun palet, gorro e bufanda prestada por un neno e goma eva. Está colocado na biblioteca



  • Adornos na barandilla da fonte de Pazos (Esgos), feitos con: ramas de piñeiro recollidas na marxe dos camiños, lazo feito con recheo de embalaxe e bola dourada (falta poñer máis bolas)






martes, 3 de diciembre de 2019

Recollida de adornos do Nadal

Seguro que tedes na casa adornos do Nadal que xa non usades (bolas, lazos, estrelas, cintas, piñeiros ...), pois chegou a hora de darlles un novo uso:

Entrégaos na biblioteca antes do 13 de decembro e co material recollido elaboraremos cos nenos novos adornos.

lunes, 2 de diciembre de 2019

Llaveros pola igualdade

O pasado sábado unhas 30 mulleres de moi diferentes idades participaron no obradoiro de autodefensa feminista organizado polos Servizos Sociais do Concello de Esgos, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



Este obradoiro forma parte das actividades por mor do Día Internacional pola eliminiación da Violencia contra a Muller e como "recordatorio", ao remate entregouse a cada unha das participantes un llavero, que nos parece moi orixinal.

jueves, 7 de noviembre de 2019

Obradoiro de Autodefensa Feminista




Dende os Servizos Sociais do Concello de Esgos e dentro do Plan de Igualdade, por mor do DÍa Internacional pola eliminiación da Violencia contra a Muller, preténdese organizar un curso de autodefensa (física, psicolóxica e emocional) para mulleres.
  • Data: Sábado 30 de Novembro
  • Horario: 16:00 A 19:30 h.
  • Lugar:  Centro Cultural Parada Justel (Esgos)
Inscricións nos Servizos Sociais do Concello antes do 22 de novembro. De non cubrirse un mínimo de 15 prazas non poderá levarse a cabo a actividade.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

Magosto


O domingo 17 de novembro celebraremos o magosto na praza da Souteira, en Esgos ás 13:30 horas.

Haberá: empanada, churrasco, chourizos, pan, viño, refrescos, castañas e bica. E actuará a charanga "A Felga".
Para poder asistir deberán retirarse as entradas ata o 15 de novembro nos bares e tendas e nas oficinas do Concello a un prezo de 8€ os adultos e 3€ os nenos.

O dia do magosto só se venderán entradas si quedan prazas dispoñibles (aforo 450 persoas) e o prezo será de 10€

miércoles, 30 de octubre de 2019

Obradoiros audiovisuais Ribeira Sacra



No mes de novembro impartiranse na biblioteca 2 obradoiros para nenos e nenas nos que se pretenderá analizar as vantaxes da vida no rural e gravar un vídeo no que se amosen os recursos do noso Concello. 
  • Data e horario: 5 e 19 de novembro de 18:00 a 20:00h
  • Lugar: Biblioteca Pública de Esgos

Inscricións na biblioteca antes do luns 4 de novembro.

A biblioteca estará pechada ao público mentres dure este obradoiro.

viernes, 25 de octubre de 2019

Decoración do samaín

 🎃🎃🎃🎃🎃🎃 Comenzamos cos preparativos para o Samaín... 🎃🎃🎃🎃🎃🎃








jueves, 24 de octubre de 2019

Día da biblioteca


Ven a celebrar con nós o Dia da biblioteca!!!

Levar un libro para a casa, coller un libro para o colexio, ler o periódico, xogar nos ordenadores, colorear, xogar, facer manualidades, charlar, merendar... Calquera opción é boa para pasar un ratiño.


O lema deste ano é “Aptas para todos os públicos”, #BibliotecasEnIgualdad.